Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dívida, neoliberalismo e classes sociais
02/09/2014Renaud Duterme
O que é necessário entender é que o neoliberalismo na realidade não passa duma casca ideológica que dissimula a reafirmação dum poder de cla...
Francia e a rebelión contra a austeridade en Europa
02/09/2014Ariel Noyola Rodríguez
Se o goberno de Hollande decide manter a austeridade fiscal e a contracción salarial, a debacle electoral do Partido Socialista francés sería in...
A supremacia dos Estados Unidos no Banco Mundial
02/09/2014Éric Toussaint
O Banco Mundial funciona sob o controlo apertado do governo dos Estados Unidos. Este país negoceia, com os governos de outras grandes potências c...
Ataques ao dereito de folga
02/09/2014Vidal Aragonés
Os parámetros en que se move o Estado supoñerían aínda máis dificultades para o desenvolvemento de folgas, así como a súa limitación a trav...
As ajudas massivas dos bancos centrais aos grandes bancos privados
29/08/2014Éric Toussaint
A partir de 2007, os governos e os bancos centrais dos países ocidentais mais industrializados, mergulhados na maior crise económica desde os anos...
Ucrânia: derrota e perspectiva
29/08/2014Jacques Sapir
CIG-Administración
8/6/2012 A Sección Sindical reclama incrementar os controis contra a fraude e advirte que a amnistía é contraria aos principios de progresividade e proporcionalidade
A Sección Sindical da CIG na AEAT consideran que as medidas que está a tomar o Goberno español para efectuar o que denominan “regularización fiscal”, “non son máis que a constatación do fracaso dun modelo de xestión dos tributos que leva anos obsoleto”. Así mesmo advirten que a Lei de amnistía fiscal vulnera os principios de progresividade e proporcionalidade que debe perseguir o sistema tributario, mentres que, pola contra, se “premia” aos/ás defraudadores permitíndolle pagar impostos moi inferiores aos que lles correspondería polo nivel de ingresos.
7/6/2012 A sección sindical da Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza responde así aos anuncios que fixo tras do Consello da Xunta
Ante as declaracións do conselleiro de Economía e Industria realizadas este xoves, tras do Consello da Xunta, nas que se gababa da súa xestión a fronte do I+D, a sección sindical da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial denuncia o particular “Record Guinness” do Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, polo despedimento de tres traballadoras en período de maternidade e por efectuar máis de 100 despedimentos nesta fundación pública que xestiona as políticas industriais e de innovación da Xunta de Galicia.
4/6/2012 O sector da Autonómica da CIG-Administración soubo que se está a preparar un contrato para que se faga cargo do servizo unha UTE formada por Nanutecnia e INAER
O sector da Autonómica da CIG-Administración tivo coñecemento de que a Consellaría do Medio Rural e do Mar pretende privatizar as brigadas helitransportadas do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios forestais (SPDCIF). Segundo a información á que tivo acceso, a consellaría estaría a preparar un contrato para que unha UTE, formada por NATUTECNIA e INAER, se faga cargo do servizo ata o de agora prestado polas brigadas helitransportadas do SPDCIF. A CIG demanda unha entrevista á conselleira de Medio Rural e do Mar para que explique por qué pretenden contratar helicópteros e persoal de incendios cando a Xunta dispón de persoal propio altamente cualificado.
1/6/2012 Dende a CIG alertan que detrás dos recortes no servizo agóchase a intención de privatizar a empresa estatal Correos
Os carteiros/as da Unidade de Reparto 1 de Vigo, correspondente á zona centro da cidade, convocan unha folga indefinida de media xornada a partir deste luns día 4 en protesta pola eliminación de 13 postos de traballo. Dende a CIG denuncian que se trata unha medida encamiñada a afondar no deterioro do servizo con vistas á futura privatización de Correos.
1/6/2012 A entidade Esclavas de la Virgen Dolorosa-Crecente recibe 1.038.441,60€ e a Asociación Galega San Francisco (Agasfra) obtén 2.082.955,32€
Mentres non hai cartos para os centros públicos de servizos sociais, a consellaría de Traballo e Benestar si os ten para conveniar estes servizos con entidades privadas de carácter relixioso. Así o denuncia o sector da Autonómica da CIG-Administración a partir da “relación de convenios da Consellaría de Traballo e Benestar subscritos no primeiro cuatrimestre do ano, publicada no Diario Oficial de Galiza deste venres, día 1 de xuño. En concreto, citan o peche do centro de menores de Montealegre (Ourense) e o centro de menores de Soutomaior (Ferrol), ademais de eliminar o centro de atención especializada do Santiago Apóstolo e privatizar o centro Souto de Leixa (Ferrol), que acabou en mans de CLECE (empresa do grupo de Florentino Pérez).
31/5/2012 A CIG considera que é ilegal modificar o convenio do persoal municipal porque non concorren as circunstancias económicas necesarias que así o xustifiquen
A Confederación Intersindical Galega considera que non está acreditada a concorrencia de causas graves de interese público derivadas dunha alteración substancial das circunstancias económicas das arcas municipais que xustifique o plan de axuste presentado polo goberno municipal so pretexto de axustarse ao Plan de Pago a Provedores aprobado polo Goberno do Partido Popular. Por iso convocou unha concentración que tivo lugar esta mañá na compostelana praza do Obradoiro. Unha mobilización na que o persoal municipal manifestou a súa oposición a que se lle apliquen toda unha serie de recortes nos dereitos que ten recoñecidos no convenio vixente.
28/5/2012 A CIG solicita información sobre a licitación deste contrato
O sector da Autonómica da CIG-Administración denuncia unha nova externalización na Xunta de Galiza, pola vía de recorrer a persoal alleo á función pública para facer traballos que pode facer o persoal propio. Así se deriva da publicación no DOG do anuncio de licitación para a contratación do servizo para o apoio nas tarefas de análise e sistematización dos expedientes propios do Xurado de Expropiación de Galiza. O valor estimado do contrato é de 346.156,40 euros e o prazo de execución de 12 meses, con posibilidade de prórroga. Para isto, din “non existen tantos remordementos orzamentarios, como para facer uso  das listas de contratación”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com