23/6/2011
A central nacionalista detectou numerosas irregularidades durante as negociacións para modificar a Relación de Postos de Traballo
A CIG-Administración denuncia que a suposta política
de austeridade do Goberno de Feijóo contrasta coas diversas irregularidades que detectadas durante a negociación
colectiva da modificación na Relación de Postos de Traballo (RTP) da
Consellaría de Sanidade e Sergas.
22/6/2011
A central consegue 8 representantes e reforza a súa maioría absoluta no Comité
A CIG obtivo 8 delegados/as nas eleccións celebradas o 21 de xuño nos centros do Imserso da Coruña (CAMF de Ferrol e CPAP de Bergondo), manténdose como primeira forza sindical no Comité de empresa e reforzando a súa maioría absoluta ao conseguir un representantes máis.
21/6/2011
Foron despedidos pola empresa Celta Prix un día antes de que rematase o período de proba sen ningunha explicación
Os 14 integrantes do parque de Bombeiros
do Porriño permanecen pechados nas instalacións do polígono das
Gándaras para reclamar a readmisión de dous compañeiros que foron
despedidos pola empresa Celta Prix un día antes de que rematase o
seu período de proba sen mediar explicación. Coa protesta, á que
xa se sumaron bombeiros do Salnés, demandan tamén maior
estabilidade laboral.
21/6/2011
A Sección Sindical lembra que esta medida pon en perigo os 147 empregos dedicados a servizos sociais e deportes
A Sección Sindical da CIG no Concello da Coruña vén de advertir que o anuncio realizado polo novo goberno municipal a respecto de crear unha fundación para xestionar a prestación dos servizos sociais e a organización das actividades deportivas, supón un paso cara a privatización dos mesmos e cuestiona cal será o futuro dos/as máis de 140 empregados/as que nestes momentos atenden estes servizos.
16/6/2011
Pasa de estar fóra do comité a ser a forza máis votada
A CIG entra de novo no comité de empresa da Consellaría de Traballo e Benestar
na Coruña e o fai como primeira forza sindical, despois de estar 4 anos fóra do
comité. Con este resultado, a central sindical pasa de ser a terceira forza
nesta Consellaría a ser a forza
máis votada e con máis número de delegados.
15/6/2011
Diante do aval do Tribunal Constitucional ao recorte salarial aplicado ás empregadas e empregados das administracións
A Área Pública da CIG vén de anunciar que continuará adiante co defensa dos dereitos das empregadas e empregados públicos e na loita contra os recortes que nos últimos tempos vén padecendo este colectivo. A afirmación chega logo de coñecerse o auto do Tribunal Constitucional polo que non admite a trámite a cuestión de inconstitucionalidade promovida pola Sala do Social da Audiencia Nacional en relación coa aplicación da rebaixa salarial aos/ás traballadores/as da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre e Real Casa da Moeda (FMNT-RCM).
14/6/2011
Convocan folga e unha concentración, o vindeiro 23 de xuño, en San Caetano
A CIG denuncia que
na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial da Consellería de Economía e
Industria o colectivo feminino foi obxecto de despedimentos nulos e
improcedentes. A campaña de descrédito dos empregados públicos iniciada polo
goberno da Xunta de Galicia materialízase con once novos despedimentos durante
a semana seguinte á celebración das eleccións municipais do 22 de maio.