24/3/2011
A central nacionalista conseguiu catro dos cinco representantes
A CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas o mércores 23 de marzo no Concello de Ribadeo, ao acadar catro dos/as cinco representantes que se elixían. Pola súa banda, a CGT obtivo un delegado.
21/3/2011
CIG-Administración demanda a inmediata incorporación das empregadas
A CIG-Administración Pública demandou ao Concello de Ferrol que readmita de inmediato a dúas traballadores de Servizos Sociais que foron despedidas hai uns meses e ás que a xustiza vén de recoñecer o despedimento improcedente.
18/3/2011
A CIG-Administración Pública realiza un vídeo-denuncia sobre os danos que rexistra o edificio
A CIG-Administración Pública de Ferrol denunciou esta mañá en rolda de prensa a deficitaria situación na que se atopan as instalacións da Residencia de Maiores de Caranza que, case a diario, sufre inundacións pola rotura das cañarías da auga. Para visibilizar a súa denuncia, a Federación gravou un vídeo no que amosa os graves danos do edificio dependente da Xunta de Galiza.
18/3/2011
Conseguiu oito dos dez representantes sindicais que se elixían
A CIG conseguiu oito dos dez representantes sindicais no Concello de Fene, durante as eleccións celebradas o xoves 17 de marzo. A sección sindical da CIG na institución local agradece a alta participación dos traballadores/as e de maneira especial o apoio amosado a esta central sindical.
16/3/2011
O persoal que realiza o reparto postal nestas zonas, que utiliza o seu vehículo particular, ten que afrontar co seu salario parte dos custos derivados do servizo
Carteiros e carteiras do rural procedentes de toda Galiza concentráronse na tarde do martes diante do edificio de Correos de Compostela en demanda da creación dunha Mesa de Carburantes que permita actualizar as cantidades que a empresa postal paga aos traballadores/as polo uso dos seus vehículos particulares para facer o reparto.
15/3/2011
A CIG denuncia que Función Pública non incluíu no censo as persoas con apelidos comprendidos entre as letras A e M
Dende
a CIG-Administración Autonómica denuncian que arredor de 150
traballadores e traballadoras da Consellería de Sanidade non van
poder escoller os seus representantes nas eleccións sindicais que se
celebran nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza o vindeiro 14 de
abril por non estar incluídos no censo electoral. A causa dun erro
informático a Dirección Xeral de Función Pública non incluíu no
censo as persoas cuxos apelidos van da letra A á M.
15/3/2011
Os incidentes prodúcense pola rotura das cañarías e poñen en risco tanto ao persoal como aos usuarios/as
Traballadoras e traballadores da residencia de Maiores de Caranza desenvolveron unha concentración o luns pola mañá en protesta polo mal estado no que se atopan as instalacións. O centro sofre con frecuencia inundacións pola rotura das cañarías, provocando problemas no funcionamento ordinario da residencia e expondo a situacións de risco tanto ao persoal como aos usuarios/as por mor da proximidade da instalación defectuosa e o sistema eléctrico.