15/2/2013
A medida, denuncia a CIG-Administración, suporá avanzar no desmantelamento da Oficina de Valoración comarcal
O Plan de amortizacións de postos de traballo que a Consellaría de Traballo e Benestar ten intención de levar adiante suporá, para a comarca de Ferrolterra, unha considerábel perda na calidade dos servizos sociais, xa que levará ao despedimento de 7 empregados/as no servizo de Dependencia e 1 persoa no centro sociocomunitario.
14/2/2013
Considera que isto confirma que as declaracións de Feijó de que non se ían producir despedimentos na admnistración eran "falsas"
Dentro da política
de amortizacións que vén levando a cabo a Xunta de Galiza, a consellaría de
Educación pretende amortizar 48 prazas de subalternos/as e auxiliares de centros
de ensino que están cubertas por persoal interino. Así o denunciaron
representantes do sector da Autonómica da CIG Administración en
rolda de prensa, na que compareceron acompañados de traballadoras/es afectados
por esta decisión.
13/2/2013
A Xunta alega insuficiencia orzamentaria como causa económica dos despedimentos, acolléndose ao RD 1483/2012
A Xunta de Galiza vén de comunicar ás organizacións sindicas a proposta de modificación da RPT da Consellaría de Traballo e Benestar, pola cal se amortizarían 251 postos de traballo. Ademais, no marco desta modificación, a Xunta ten intención de aplicar un ERE para persoal laboral, acolléndose á insuficiencia orzamentaria sobrevida como causa obxectiva para estes despedimentos, e continuando deste xeito á vangarda da aplicación das lesivas medidas de “austeridade”.
13/2/2013
As organizacións sindicais denuncian a decisión do Ministerio de Facenda de non avalar os acordos acadados en xuño de 2012
O persoal das autoridades portuarias e dos portos públicos dependentes do estado secundou este mércores unha xornada de paros de dúas horas (das 7 ás 9 horas e das 13 ás 15 horas) en defensa do convenio colectivo e das condicións laborais, así como para rexeitar a decisión do Ministerio de Facenda de invalidar os acordos acadados entre as organizacións sindicais e o organismo estatal.
12/2/2013
Denunciaron os recortes de dereitos laborais e sociais de “Frijolito” e reclamaron a súa restitución
Contra as 11:00
horas deste martes de Entroido saía a comparsa da sección sindical da CIG a
facer un percorrido lúdico-reivindicativo polo edificio administrativo de San
Caetano. Ao seu paso polos distintos departamentos ofreceron chourizos ás
traballadoras e traballadores para denunciar os recortes que sofren as
traballadoras e traballadores da administración pública
fronte aos sobresoldos que, presuntamente, cobran os altos cargos do PP.
11/2/2013
Denunciaron a imposición de recortes laborais e reclamaron a restitución dos seus dereitos
O Comité de
Traballo e Benestar de A Coruña convocou para este luns tres actos Entroido-Reivindicativos
nas Residencias de Maiores Torrente Ballester de A Coruña, Porta de Camiño de
Compostela e Caranza de Ferrol para denunciar a non compensación de traballo en
domingos e festivos, o descoñecemento das quendas de traballo a efectuar durante
o ano 2013, a imposición de xornadas abusivas e os recortes de medios e persoal.
11/2/2013
Sairá ás 11:00 horas do Rexistro Único da Xunta e percorrerá os edificios administrativos da Xunta de Galiza
As seccións sindicais da CIG nos Servizos
Centrais da Xunta de Galiza, teñen previsto percorrer os edificios
administrativos de San Caetano, este martes de Entroido, cunha comparsa reivindicativa
que sairá ás 11:00 h. dende o Rexistro Único da Xunta, ao lado da porta de entrada que dá cara a estación de autobuses.