Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
CIG-BANCA
28/4/2010 O Gabinete de Saúde Laboral da Confederación xa presentou denuncia na Fiscalía por delito contra a saúde dos traballadores/as
Os primeiro resultados das análises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo confirmaron a presenza de amianto no edificio. Dende a sección sindical da CIG exixiron que se investigue o impacto da exposición do po de amianto e como pode afectar na saúde dos 500 empregados/as que traballan na central.
26/4/2010 Esperarase a que se realicen análises que garatan que non hai amianto na estrutura do edificio
Dende o inicio da obra de reforma da central de Caixanova en Vigo, os delegados de prevención da CIG mantiveron numerosos contactos coa empresa, preocupados pola posible presenza de amianto na estrutura do edificio da central. Noutras construcións da mesma época na cidade de Vigo apareceu amianto cando afrontaron reformas ou demolicións.
30/3/2010 A CIG reclama a retirada do expediente de regulación e dos despedimentos de obra
Traballadoras e traballadores de Sykes en A Coruña secundaron este martes unha nova xornada de paros e concentracións na empresa para demandar a retirada de todos os despedimentos e o estudo dun plano de viabilidade que garanta o mantemento da actividade da multinacional en Galiza. Os paros desenvolvéronse nas quendas de mañá e tarde, entre as 10 e ás 12 horas e dende as 17 ás 19 horas.
30/3/2010 Vixiará as posíbeis repercusións no emprego e se hai modificacións na Lei, no referido a control público e elección democrática dos órganos de dirección
Ante o anuncio do inicio de conversas para analizar a posibilidade dunha fusión entre as dúas caixas galegas, a CIG manifesta a súa valoración positiva xa que supón un paso adiante respecto da situación anterior, na que Caixanova mantiña unha posición totalmente contraria a explorar sequera esta posibilidade. Porén, advirte que non deixa de ser un simple anuncio que haberá que ver como se concreta e advirte que estará moi alerta respecto da incidencia que terá no emprego, xa que algúns dos datos que se están a facer públicos a través dos medios de comunicación son realmente alarmantes e van moito máis alá das previsións iniciais que había respecto do número de postos de traballo a amortizar.
26/3/2010 A entidade anunciou aos traballadores/as que o vindeiro luns estarán traballando para outra empresa
Na mañá deste venres día 26 de marzo, a Dirección de Caixa Galicia transmitía ao persoal da entidade, a través dunha multiconferencia, que o vindeiro luns día 29 de marzo pasaría a traballar para nunha nova empresa. Indicaron que dado a falta de avances na fusión galega este fin de semana anunciarían un SIP. Algúns dos Directores Territoriais foron máis explícitos, afirmando que o luns asinaríase un acordo con Caja Madrid.
26/3/2010 Reibiron cunha ruidosa pitada aos/ás asistentes á Xunta de accionistas que se celebrou no interior do edificio
Delegados e delegadas sindicais no Banco Pastor concentráronse esta mañá diante da Fundación Pedro Barrié de la Maza, onde tiña lugar a Xunta de Accionistas da entidade, para denunciar os despedimentos que a dirección está a executar nas oficinas de todo o Estado, con especial incidencia na Dirección Rexional Galiza-Sur. A mobilización é a segunda protesta que o persoal do banco desenvolve nas dúas últimas semanas, aínda que non se descartan novas accións logo da semana santa.
26/3/2010 A empresa presentou unha suspensión temporal do ERE, mais dende a CIG reitérase que “só negociamos o mantemento dos empregos”
Centos de persoas manifestáronse na tardiña do xoves 25 de marzo polas rúas de A Coruña en contra das intencións da empresa de telemárketing Sykes Enterprises de despedir a case 500 empregados/as nos dous centros de traballo que ten en Galiza. Dende a CIG de A Coruña reiterouse que non se vai aceptar ningún despedimento e que a central “tan só negocia o mantemento dos postos de traballo”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com