15/3/2010
Cuestiona o proceso de reconversión, a deslocalización e a destrución de emprego
O pasado venres, día 12 de marzo, tivo lugar en Bilbao a Xunta Xeral de Accionistas do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria. Na mesma, Teresa Richard, delegada sindical da CIG, accionista e empregada do banco, fixo unha intervención, como portavoz da sección sindical, para trasladar ao Consello de Administración e ao accionariado da entidade as preocupacións e reivindicacións dos traballadores e traballadoras da empresa.
12/3/2010
As seccións sindicais de CCOO, UGT, FITC, ELA e CIG denuncian que a empresa pretende crear un ambiente de terror entre o persoal
As seccións sindicais da CIG, ELA, CCOO, UGT e FITC compareceron este mediodía ante os medios de comunicación para denunciar os despedimentos que a dirección do Banco Pastor está a realizar nas oficinas de todo o Estado, con especial incidencia na Dirección Rexional Galiza-Sur. Até o momento, a entidade xa despediu a cinco empregados/as na Galiza, cunha antigüidade media na empresa de 25 anos, alegando problemas de actitude e falta de cumprimento de obxectivos, mais recoñecendo a improcedencia da súa decisión.
11/3/2010
As mobilizacións levaranse a cabo simultaneamente en Lugo, A Coruña, Vigo e Ourense
A sala do Instituto Teconolóxico Empresarial
de Caixa Galicia en A Coruña quedou pequeno para acoller aos traballadores e
traballadoras que participaron na asemblea convocada pola sección sindical da
CIG na entidade financeira. O persoal, ao igual que acontecera na asemblea
celebrada na véspera en Lugo, apoiou a concentración proposta para o día 23 de
marzo en réxime de autoconvocatoria, que tamén se desenvolverá en Ourense e
Vigo, para reclamar información sobre o futuro da caixa e os posíbeis contactos
da dirección con Caja Madrid.
9/3/2010
O persoal secunda unha nova e exitosa xornada de paro no centro de traballo de A Coruña
Os traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises manifestáronse este mediodía polas rúas de A Coruña para amosar o seu rexeitamento aos despedimentos masivos que a empresa pretende realizar, así como denunciar un proceso destinado a deslocalizar os centros de traballo da multinacional en Galiza. O persoal comezou a súa marcha dende a sede da empresa no Polígono de Agrela até a delegación da Xunta, pouco despois das doce da mañá, coincidindo coa convocatoria dun paro de tres horas.
3/3/2010
O banco trasladou a un delegado da CIG como represalia por ter defendido a un traballador despedido inxustamente
Por segundo martes consecutivo delegados e delegadas da CIG-Banca concentráronse diante da oficina principal do Banesto en Ourense para protestar polo traslado do Presidente do Comité de Empresa e delegado da CIG para unha oficina nas aforas de Ourense, establecéndolle ademais un control diario sobre a súa actividade. Posteriormente a protesta trasladouse ao interior da entidade para informar ao persoal da oficina.
2/3/2010
A empresa pretende desfacerse de case 500 persoas nos centros de A Coruña e Lugo
Baixo a consigna “polo mantemento do emprego en Sykes, non aos despedimentos, non á deslocalización”, preto de catrocentos traballadores e traballadoras da multinacional do telemárketing participaron nos paros de dúas horas convocados en contra das intencións da empresa de desfacerse de máis da metade do seu persoal. Durante o paro da mañá, que se volveu repetir na quenda de traballo da tarde, traballadores/as e delegados/as sindicais desenvolveron unha manifestación que partiu dende ás portas de Sykes até as oficinas que Vodafone ten situadas en Agrela, dificultando a circulación do tráfico en boa parte do polígono industrial.
26/2/2010
Na quenda entre as 10:00 e as 12:00 horas e na quenda da tarde, entre as 17:00 e as 19:00 horas
O Comité de Empresa de Sykes vén de anunciar a convocatoria de mobilizacións todos os martes diante da empresa, con desprazamentos até as sedes dos clientes, Vodafone e Telefónica. Denuncian que os despedimentos son froito dunha decisión empresarial, coa complicidade do goberno central e que nin este, nin a Xunta de Galiza teñen adoptado medida algunha ante a transferencia de datos de clientes.