12/3/2010
O persoal está a concretar un novo calendario de protestas para os vindeiros días
Os traballadores/as de Levantina (antigo grupo Graninter) continúan adiante co calendario de mobilizacións diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño, para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant. Este venres 12 de marzo está convocada unha concentración dende as 14 ás 14:30 horas e xa se estudan novas mobilizacións en contra do desmantelamento da factoría.
8/2/2010
Denuncian que a empresa pretende desfacerse de persoal e que de 200 traballadores/as que había en 2005, só quedan 150
O Comité de Empresa de LEVANTINA, de O Porriño, denuncia a redución de persoal que se vén producindo na empresa nos últimos tempos: no ano 2005, cando aínda se chamaba Graniter, contaba con 200 traballadores/as e na actualidade con só 150; nos últimos 18 meses desfixéronse de 25 traballadoras/es baixo diferentes fórmulas, despedimentos, baixas incentivadas... e agora pretenden trasladar a sete traballadores/as máis, dos que 3 están no Comité de Empresa, dous gozan de redución de xornada por fillos menores, unha foi na candidatura da CIG e outra é eventual. Por iso anuncian o comezo de mobilizacións, con concentracións ás 14:00 horas coincidindo coa saída de persoal de produción e de administración.
22/1/2010
Será no Porriño desde as 10.30 da mañá
A Federación da Construción da CIG celebrará este sábado 23 de xaneiro desde as 10.30 da mañá o seu V Congreso nacional, baixo o lema “Un sindicato forte para outro modelo social”. Terá lugar en O Porriño, e deste encontro participarán 100 delegados e delegadas chegados de todo o país.Este encontro desenvolverase concretamente no Salón de Actos do Restaurante Manolo, na rúa Antonio Palacios 101.
29/12/2009
Advirten que vixiarán o estrito cumprimento do calendario laboral
Dende a Federación de Construción e Madeira da Confederación Intersindical Galega queren informar aos traballadores e traballadoras aos que se lles aplica o Convenio Colectivo Provincial da Construción e que non conten con calendario laboral de empresa propio, que o mércores día 30 de decembro ten unha xornada de 5 horas e que o día 31 de decembro é Festivo de Convenio, polo que non son días laborábeis.
22/9/2009
O expediente temporal afecta á práctica totalidade dos traballadores/as e terá unha duración de 14 meses
Os traballadores e as traballadoras de Fibranor votarán en asemblea o mércores, 23 de setembro, se aceptan ou rexeitan o expediente de regulación temporal presentado pola empresa, filial de Finsa, que afectará á práctica totalidade do cadro de persoal da planta lucense. O ERE, para o que a empresa alega causas de produción, tería unha duración de 14 meses.
18/9/2009
Mantiveron unha concentración ás portas da Casa Consistorial e fixeron entrega dun escrito no Rexistro municipal
A Federación de Construción e Madeira da CIG-Ferrol levou a cabo no mediodía do venres 18 de setembro unha concentración ás portas do Concello de Ferrol para denunciar, unha vez máis, as precarias condicións de traballo nas que se atopan os traballadores da maioría das empresas que desenvolven a súa actividade nas obras adscritas ao Plan E.