17/6/2013
A CIG-Ensino denuncia que é ilegal e que amosa así unha “falta de seriedade impropia dunha administración pública”
A Consellaría de Educación vén de enviar aos centros que teñen comedor
escolar xestionados directamente por ela unha instrución da Secretaría Xeral
Técnica -con data 14 de xuño- sobre o funcionamento dos comedores escolares que
está baseada nunha normativa que aínda
está sen publicar pola propia Consellaría.
14/6/2013
Os actos desenvolvéronse en diferentes nas cidades en vilas do país na tarde deste xoves 13 de xuño
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público desenvolveu en Santiago, A
Coruña, Lugo, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Carballo, Cee e Vila de Cruces
novos actos públicos en contra da aprobación da LOMCE. En Ferrol estas
mobilización slúdicas, con música e textos no que se amosa o rexeitamento da
comunidade educativa da sociedade no se
conxunto á LOMCE, serán o 18.
12/6/2013
A CIG-Ensino considera que responde a criterios políticos e non técnicos
A CIG-Ensino denuncia que a consellaría de Educación vén de designar a
dedo presidente dun Tribunal de
Oposición ao Corpo de mestres o portavoz do PP do Concello da Pontenova, Jorge
García García. A CIG-Ensino advirte que no nomeamento de presidentes e
presidentas de tribunais que van xulgar o proceso selectivo de acceso ao corpo
de mestres e mestras aparece, como presidente do Tribunal nº 2 de Inglés de
Lugo, o actual portavoz do PP no Concello da Pontenova.
7/6/2013
A CIG-Ensino defende que o sistema vixente até o de agora non creaba ningún problema e resultaba máis áxil que o aprobado
A Consellaría de Educación vén de modificar a
normativa que regula a elección de libros de textos no ensino e o protocolo
para poder aprobar cambios. As modificacións afectan tamén as etapas de Infantil
e 1º ciclo de Primaria. Etapas nas que até o de agora se permitía unha maior
flexibilidade. A CIG-Ensino defende que o sistema vixente para estas etapas non
creaba ningún problema e resultaba máis áxil que o que se vén de aprobar.
5/6/2013
Parodiaron o conselleiro de Educación, o ministro Wert, a igrexa e a patronal da privada representando un xuízo no que exixiron a retirada da LOMCE
Membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público protagonizaron
este mércores, 5 de xuño, diante da
Consellaría de Educación en San Caetano, unha nova mobilización en
contra da LOMCE que neste caso consistiu na representación dun xuízo que
rematou coa apertura dun expediente disciplinario ao Ministro Wert habida conta do seu “maltrato ao ensino público” e coa súa expulsión do
Sistema Educativo.
5/6/2013
Afectan ao PAS e ao PDI funcionario e laboral da Universidade
Tras tres xuntanzas e media da mesa
xeral sindical convocada para tratar da aplicación dos recortes retributivos ao
PAS e ao PDI funcionario e laboral da USC, a CIG acordou dar por rematada a súa
participación na mesma por non se teren respostado a ningunha das súas
demandas.
30/5/2013
Lembra que a maioría da comunidade escolar vén manifestando o sue total rexeitamento a esta lei
Representantes da
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público presentaron este xoves 30 de
maio un escrito dirixido ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, no que se
insta ao Goberno galego a solicitar a retirada da LOMCE, tal como están facendo
os gobernos doutros territorios do Estado que igual que o galego vén atacadas e
invadidas as súas competencias en materia educativa e perseguidos os seus
idiomas propios.