27/1/2012
A empresa optou polo despedimento improcedente en vez de recolocar ao operario, con problemas de saúde, nun posto no que a doenza non interfira na súa actividade
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol concentráronse esta mañá ás portas do SMAC en apoio a un traballador con problemas de saúde que Frangosa Servizos despediu incumprindo a Lei de Prevención de Riscos. O acto de conciliación, ao que por parte da empresa só asistiu o avogado, rematou sen acordo.
16/12/2011
A central nacionalista logrou catro delegados e consolida a súa presenza nas instalacións da empresa en Teixeiro
A CIG conseguiu a maioría absoluta nas eleccións celebradas o xoves 15 de decembro na empresa Bioetanol Galicia, S.A., situada en Teixeiro (Curtis), ao acadar catro dos/as cinco representantes que conformarán o Comité de empresa. A central nacionalista consolida deste xeito a súa presenza neste centro de traballo, xa que a lista independente só acadou unha delegada no colexio de técnicos e administrativos, mentres que nin CCOO nin UGT lograron montar candidatura.
17/11/2011
Os traballadores realizaron concentracións ante o departamento municipal e a sede de Emalcsa e repartiron folletos explicativos polo centro da Coruña
Na cuarta e última xornada de folga desta primeira fase do calendario de protestas, os traballadores do servizo de limpeza da rede de sumidoiros da Coruña conseguiron, no marco dunha concentración ás portas das dependencias municipais en Rego de Auga, manter unha reunión co Concelleiro de Medio Ambiente, ao que expuxeron a situación a respecto dos incumprimentos e ilegalidades cometidas por Valoriza Auga, empresa concesionaria do servizo.
16/11/2011
Os traballadores, que tamén farán folga mañá xoves, reiteran o chamamento á Emalcsa e ao Concello para que interveñan na procura dunha solución dialogada
Os traballadores de Valoriza Auga, empresa que se encarga da limpeza da rede de sumidoiros da Coruña, continuaron este mércores co calendario de folgas en contra da paralización da negociación do convenio e contra os incumprimentos por parte da empresa da normativa laboral en materia de xornada.
11/11/2011
O persoal insta a Emalcsa e ao Concello da Coruña, como titulares da contrata, a que asuman as súas responsabilidades nestes conflito
Os traballadores de Valoriza Auga da Coruña están secundando estes venres a segunda xornada de folga en contra da paralización da negociación do novo convenio e contra os incumprimentos por parte da empresa da normativa laboral e das condicións técnicas recollidas na contrata con Emalcsa.
4/11/2011
O persoal volve reclamar que se responda á solicitude de reunión, cursada xa a mediados de outubro, co Director Xerente e o Alcalde da Coruña
Diante das noticias a respecto da convocatoria trasladada por Emalcsa aos responsábeis de Valoriza Auga para tratar o conflito laboral, os traballadores da empresa de limpeza de sumidoiros solicitan da xestora municipal de augas que tamén dea resposta á súa solicitude e manteña unha xuntanza coa parte social. O persoal volve reclamar á convocatoria da reunión solicitada hai máis de quince días co Director Xerente de Emalcsa e co Alcalde da Coruña, e que polo de agora aínda non recibiron contestación.
2/11/2011
O persoal solicitou a Emalcsa, empresa municipal concesionaria do servizo de limpeza da rede de sumidoiros, que medie para buscar unha solución ao conflito
Os traballadores de Valoriza Auga que se encarga da limpeza da rede de sumidoiros da Coruña secundan este mércores a primeira xornada de folga en contra da paralización da negociación do novo convenio e contra a modificación substancial das condicións de traballo a oito operarios. Con ocasión do paro, os traballadores realizaron unha concentración diante da sede de Emalcsa (Empresa Municipal de Augas da Coruña) para demandar da entidade, como concesionaria do servizo, que medie no conflito e non permita nin dea cobertura ás ilegalidades cometidas por Valoriza Auga.