Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Praça Tahrir, Parque Gezi: próxima estação Avenida Paulista?
19/06/2013Francisco Carlos Teixeira
O PT se forjou nas ruas, nas universidades e nas fábricas: são as ruas que devem corrigir o curso de um projeto concreto, popular, includente e se...
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso Ã...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
CIG-Químicas e Enerxía
20/4/2011 A empresa, da que o Concello de Arteixo ten o 49% do capital, pretende sanear as contas reducindo persoal e empeorando as condicións laborais
Os traballadores/as de Augarsa, empresa mixta que se encarga do servizo municipal de augas en Arteixo, rexeitaron a decisión unilateral da xerencia de paralizar a negociación do convenio colectivo e adiantaron que non tolerarán nin un só despedimento. A empresa pretende sanear as súas contas recortando o cadro de persoal, que xa está en situación de mínimos, e empeorando as condicións laborais dos/as empregados/as.
8/4/2011 A central confírmase como primeira forza sindical en Galiza no Grupo La Capital
A CIG vén consolidar a súa presenza no Grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños), logo de gañar as eleccións sindicais no periódico El Ideal Gallego, celebradas o xoves 7 de abril. A central acadou tres dos cinco delegados/as que integrarán o Comité de empresa, rompendo así a presenza única da UGT na representación do persoal.
31/3/2011 Os traballadores/as despedidos reclamaran a Promocións Culturais Galegas o pagamento das débedas cun incidente concursal
O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra vén de condenar a empresa editora do semanario A Nosa Terra, administración concursal e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) a abonar os salarios e as indemnizacións pendentes aos 24 ex traballadores/as da publicación nacionalista. O incumprimento motivara a presentación dun incidente concursal en xaneiro para reclamar o pagamento das mensualidades de outubro de 2010 e as liquidacións de despedimento correspondentes.
31/3/2011 A compañía moañesa pretende rescindirlle o contrato a 120 traballadores/as do total de 277 que confroman o plantel actual
A CIG está a traballar na elaboración dun paquete de medidas alternativas para facer fronte ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo que presentou Rodman Polyships e que afecta a 120 dos 277 traballadores/as que conforman o plantel da compañía con sede na parroquia moañesa de Meira. O comité de empresa, presidido por un representante da central nacionalista, comezará a negociar este luns a proposta coa dirección.
18/2/2011 A central entra deste xeito na única empresa importante do sector da automoción na que non tiña representación
A CIG obtivo cinco representantes no comité de empresa de Visteon nas primeiras eleccións sindicais nas que presentou candidatura, o que supón lograr representación na única compañía importante do sector da automoción na que a central non tiña presenza. Dende a federación de Químicas e Enerxía agradecen o apoio a confianza recibidos por parte dos traballadores/as da empresa de Salceda de Caselas.
15/2/2011 Os traballadores/as denuncian a falta de vontade negociadora da empresa para buscar unha alternativa á redución de persoal
O persoal de Einsa nas factorías de Andrade (Pontedeume) e As Pontes está desenvolvendo dende ás 07:00 horas deste martes unha folga de 24 horas, en defensa dos empregos e a prol da continuidade da actividade nos dous centros de traballo da empresa de artes gráficas. O paro, que está a resultar un éxito ao rexistrar un 100% de seguimento, foi convocado logo de que a dirección executase os despedimentos e diante da continuada negativa a estudar calquera das alternativas propostas polos Comités.
11/2/2011 A central presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa Promocións Culturais Galegas
A federación de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar publicamente que os 24 traballadores e traballadoras despedidos/as da Nosa Terra aínda non percibiron as nóminas do mes de outubro nin as liquidacións correspondentes despois da presentación do proceso concursal. Diante deste incumprimento, a central nacionalista presentou no xulgado un incidente contra o administrador concursal e a empresa editora do histórico semanario nacionalista, Promocións Culturais Galegas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com