17/3/2010
Denuncian que a ONG xa despediu a cinco traballadores/as eventuais
Os traballadores e as traballadoras do hospital da Cruz Vermella de Vigo trasladaron na mañá deste mércores as protestas contra o peche do centro até a sede da organización en A Coruña, onde desenvolveron unha ruidosa concentración para esixir o mantemento do servizo. Dende a CIG lémbrase que non existen causas económicas que xustifiquen a decisión desta organización e reclamouse ao Sergas que actúe de inmediato para evitar un peche que deixará na rúa a 70 traballadores/as e a 70 doentes, que requiren de atención permanente.
16/3/2010
A CIG-Saúde destaca o éxito de participación e a implicación do persoal nesta nova protesta
Ás 11 da mañá deste martes 16 de marzo daba comezo o peche na entrada do hospital Xeral de Vigo en protesta pola privatización da sanidade pública que o goberno galego pretende realizar. A medida de protesta, segundo informaron dende a CIG-Saúde, está sendo todo un éxito de participación e implicación do persoal.
16/3/2010
A Federación reitera a necesidade de elaborar un mapa de competencias profesionais contando coa participación dos/as traballadores/as
A CIG-Saúde “agradeceu” as explicacións que dá na prensa o Director de Enfermería do Complexo Xeral-Calde, xa que, lamentabelmente o macroplan de reorganización non foi comunicado globalmente e incluso por escrito á representación dos/as traballadores/as. “Congratulámonos inmensamente co incremento de persoal que se expón nos medios e desexaríamos que isto se comunicara tamén do resto de categorías”, apúntase nun comunicado. Non obstante, dende a CIG Saúde lamentaron que a dirección de enfermería non teña deseñado un plano de competencias de modo que cada categoría profesional desempeñe as súas tarefas de acordo co seu curriculum formativo e que o traballo se planifique por parte de un equipo multiprofesional.
12/3/2010
Debateranse as ponencias de Acción Sindical e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos, elixirase secretario/a nacional e a composición da nova Executiva
A Federación de Saúde da CIG celebrará o seu V Congreso durante os días 13 e 14 de marzo, no Hotel Auriense, en Ourense. As/os 143 congresistas que están convocadas/os, debaterán, a partir das 11:15 horas do sábado, as ponencias de Acción Social e Política Sanitaria e de Organización e Estatutos e elixirán á/ao nova/o secretaria/o nacional e á Executiva.
CIG-Saúde aposta por construír unha organización sindical forte, para
enfrontar as agresións que o conxunto da sanidade está a sufrir “pola
implantación das políticas neoliberais e a receptividade e o fomento
dos gobernos a dar entrada ao capital privado no sistema sanitario,
convertendo este nun negocio que de futuro só dará beneficios ao mundo
empresarial en detrimento da calidade asistencias, da carteleira de
servizos que se ofertan á poboación e dos dereitos dos/as
traballadores/as”.
11/3/2010
Reclaman información sobre os cambios organizativos que se están a adoptar
A sección sindical da CIG-Saúde no Complexo Hospitalario Xeral-Calde amosou a súa preocupación pola falta de diálogo da dirección de persoal coas organizacións sindicais que ostentan a representación do persoal, a pesar de estarse adoptando medidas que afectan á organización do traballo.
8/3/2010
Participaron profesionais do sector e representantes das asociacións de veciños/as da cidade
A CIG-Saúde de Lugo organizou unha xornada o pasado 3 de marzo baixo o título “Sanidade Pública. Novas políticas privatizadoras: olladas dende Lugo”, que contou coa participación de profesionais do sector así como membros das asociacións de veciños/as, que achegaron unha análise sobre as repercusións que vai ter para a cidadanía o proceso privatizador iniciado polo goberno galego.