Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
2012, 2013... A crise que non cesa
08/02/2012Anton Borja
A presumíbel creba de Grecia, o empeoramento da situación no Estado español e a constante deterioración de Italia debuxan un escuro panorama que...
O imperialismo alemão e o futuro do euro
08/02/2012Umberto Martins
A crise lançou muitas sombras sobre o futuro do euro. Parece evidente que, nas condições atuais, a moeda europeia é amplamente vantajosa para a ...
Lições de janeiro: uma reflexão sobre o Fórum Social Mundial
08/02/2012Tarso Genro
O grande problema do Fórum é a possibilidade, primeiro: do isolamento dos movimentos sociais, em relação ao curso das lutas políticas reais, qu...
O gran fracaso das políticas de austeridade
07/02/2012Vicenç Navarro
A loita de clases estaa gañando a clase capitalista (hoxe redefinida como o 1% da poboación) con escasa resistencia. De aí a enorme urxencia de s...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Portugal: Acerca do peso do Estado
27/01/2012Vaz de Carvalho
Entrevista com Tariq Ali: “Só protestar simbolicamente não é suficiente”
25/01/2012Heloisa Gimenez, Marcio Rabat e Vinicius Mansur
CIG-Servizos
8/2/2012 A contrata decidiu, de forma unilateral, non aplicar o acordo de incremento salarial pactado para este ano
O Comité de Empresa de CLECE S.A., empresa adxudicataria do servizo de limpeza da Universidade de Santiago vén de denunciar que esta contrata incumpriu o principio de negociación colectiva ao decidir, de forma unilateral, anular o acordo de incremento salarial pactado para este ano. Isto súmase á posibilidade de que a empresa recorra a un ERE de redución de xornada e salario que afectaría a todo o persoal, por mor da decisión da USC de reducir, nun millón de euros, o orzamento que destinaba á contrata.
7/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que quedou visto para sentenza
Delegados e delegadas da CIG de Ferrol realizaron unha nova concentración este martes ás portas dos Xulgados da cidade departamental coincidindo coa celebración do xuízo contra Prosegur Seguridad polo acoso e persecución que está a practicar contra un traballador que se presentou ás eleccións sindicais na candidatura da central nacionalista.
3/2/2012 Reclama da Universidade a paralización dos recortes previstos, de un millón de euros, que provocarán a precarización das súas condicións laborais e salariais
O persoal da concesionaria de limpeza da USC ocupaba, na mañá deste venres, a Casa da Balconada, para denunciar o recorte, en 1 millón de euros, do orzamento da contrata, as repercusións que isto terá nas condicións laborais e salariais –Clece ten a intención de aplicar un ERE de redución de xornada e soldo- e as consecuencias no propio servizo de limpeza da Universidade.
3/2/2012 Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior
Un cento de delegados/as da limpeza da CIG-Servizos e do sindicato vasco ELA realizaron onte unha concentración de protesta en Madrid coincidindo coa reunión da comisión negociadora do convenio estatal. Dende a central nacionalista denuncian que a patronal pretende limitar as negociacións de ámbito inferior, como os convenios de empresa e os acordos de equiparación.
3/2/2012 O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
3/2/2012 Coincidindo co xuízo contra a empresa, que se celebra o martes 7 de febreiro
A Federación de Servizos da CIG de Ferrol ten convocada unha concentración o vindeiro martes, día 7 de febreiro, ás 12:15 horas, coincidindo coa celebración do xuízo, adiado dende o pasado mes de novembro, contra Prosegur Seguridad por acoso a un traballador que se presento una candidatura da CIG ás eleccións sindicais. Coa protesta, a central quere trasladar o seu apoio ao compañeiro e rexeitar o comportamento da empresa.
1/2/2012 Reclaman unha xuntanza co goberno local, logo de que non respondese á solicitude de reunión cursada hai máis de un mes
Os traballadores e traballadoras da Torre iniciaron un peche no mediodía deste mércores nas oficinas do Consorcio de Turismo como medida para forzar unha reunión co Concello, logo de que nin a concelleira nin o alcalde atendesen a petición de xuntanza cursada polo persoal hai máis de un mes. O persoal tiña intención de permanecer nas oficinas até seren recibidos polo goberno local, mais pasada a media tarde acordaron levantar a medida de presión tras sufrir unha indisposición un dos compañeiros, que tivo que ser trasladado en ambulancia ao CHUAC, e así poder acompañalo até o hospital.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com