Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
De novo o Iraque
26/06/2014Albano Nunes
De novo o Iraque. De novo um misterioso bando de «terroristas», semeando a morte e a destruição. De novo a orquestração de dramáticos apelos ...
Suplementos territoriais nos recibos eléctricos
26/06/2014Fernando Branco Parga
O Tribunal Supremo vén de sentenciar que nas peaxes do sistema eléctrico se deberían incluír os diferentes suplementos territoriais. Efectivame...
O destino do Iraque
20/06/2014Luís Carapinha
Aferrados a uma ordem económica injusta e decadente os EUA prosseguem a cavalgada de fragmentação de territórios e destruição das soberanias ...
A outra cara do Mundial de Fútbol
20/06/2014Vicenç Navarro
A gran pobreza do sector público no Brasil, xunto coas exuberantes riquezas, explica a explosión social. De aí a enorme protesta, que non é a pr...
Europa: alternativas à crise
17/06/2014Éric Toussaint
Repartir de outra maneira a riqueza produzida constitui a melhor resposta à crise. A parte destinada aos assalariados nas riquezas produzidas baixo...
As eleições na União Europeia
16/06/2014John Catalinotto
CIG-Vigo
18/7/2014 A dirección da empresa dificultou a asistencia sanitaria ao demorar máis de 20 minutos a entrada das ambulancias
Eduardo Crespo, un dos compañeiros da CIG que permanecía en folga de fame en Citroën, tivo que ser trasladado este mediodía ao hospital en ambulancia tras presentar un agravamento da súa saúde, con febre e mareos. Desde as 17:00 horas deste venres ocupa o seu lugar o compañeiro Brais Torres. Como nas xornadas anteriores, hoxe volveuse celebrar unha concentración ás portas da factoría, en demanda da readmisión dos dous compañeiros despedidos e contra a represión laboral da dirección da multinacional en Vigo. 
6/3/2014 A central ten convocadas manifestacións en Ferrol, Vigo e Compostela con motivo do Día da Clase Obreira Galega
Ás portas dunha nova conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, a CIG fai un chamamento a todos os traballadores e traballadoras galegas para que participen nas manifestacións que a central sindical ten convocadas en Ferrol, Compostela e Vigo, na tarde do luns 10 de Marzo. Unha conmemoración que chega nun momento no que o sindicalismo nacionalista de clase resulta máis necesario ca nunca.
19/2/2014 A CIG prosegue coa campaña de recollida de apoios á iniciativa para a creación de emprego
No ecuador da campaña da recollida de sinaturas para sacar adiante a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para a creación de emprego, a CIG continúa coas accións para levar o contido da iniciativa a maior parte da cidadanía galega. Este mércores, celebráronse en Vigo e Compostela asembleas de delegados/as e mobilizacións e a CIG-Ourense rexistrou a moción de apoio á ILP no Concello. Ademais, o martes a central sindical mantivo un encontro con diferentes colectivos sociais e veciñais en Lugo e realizou un acto aberto no Auditorio de Cedeira.
7/2/2014 Intensifícanse os actos para dar a coñecer as medidas alternativas propostas pola CIG
Dentro da campaña de divulgación e recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular de medidas para a creación de emprego a, a Unión Comarcal da CIG da Coruña rexistrou esta venres unha moción no Concello da Coruña, solicitando ao pleno municipal o apoio á ILP. Ademais, a Unión Comarcal de Vigo realizou un acto de presentación pública da iniciativa na cidade olívica, que contou coa presenza do Secretario Xeral da CIG.
16/1/2014 Unha representación do colectivo entrevistouse co alcalde para trasladarlle tamén a proposta da exención das taxas municipais para parados/as de longa duración
A Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo volveu reclamar hoxe a gratuidade do bonobús e a exención ou rebaixa das taxas municipais para os parados/as de longa duración cunha protesta ás portas do consistorio. A mobilización, que terá continuidade nos vindeiros días, coincidiu coa xuntanza que unha representación do colectivo mantivo co alcalde para trasladarlle a proposta.
27/12/2013 Propoñen tamén a gratuidade do servizo de autobús para os parados/as de longa duración con ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI)
Unha representación da Asemblea de Persoas Desempregadas da CIG de Vigo entregou esta mañá no rexistro xeral do Concello máis de 2200 sinaturas de apoio á proposta que reclama a exención das taxas municipais a todas aquelas persoas que atravesan dificultades económicas a causa da crise. A proposta inclúe tamén a gratuidade do servizo de autobús para os parados/as de longa duración con ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
17/12/2013 Durante a reunión prestouse especial atención á negociación colectiva e á implantación sindical nas empresas
Unha delegación formada por seis sindicalistas da provincia de Shandong que realiza unha xira por varios países europeos mantivo unha reunión de traballo na sede comarcal da CIG de Vigo na mañá de onte.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com