25/11/2010
As afectadas celebraron unha asemblea ás portas dos xulgados coincidindo coa celebración do xuízo por agresións a dúas traballadoras
Arredor dun cento de persoas
participaron na concentración convocada pola CIG para apoiar as
reivindicacións das limpadoras dos colexios públicos de Vigo, en
folga indefinida dende o pasado día 15 de novembro para reclamar a
ampliación da xornada. Este venres 25 celebraron unha asemblea ás
portas dos xulgados da cidade coincidindo coa celebración dun xuízo
rápido por agresión contra dúas traballadoras de Linorsa por parte
de cristaleiros que están a limpar os centros por orde da empresa.
4/11/2010
Reclaman melloras laborais e o cumprimento dos acordos acadados co Comité en materia de contratación
O Comité de Empresa das traballadoras de limpeza dos colexios públicos de Vigo, servizo no que están ocupadas 155 persoas, presentou esta mañá a convocatoria de folga indefinida na Consellería de Traballo, a empresa e o Concello de Vigo, diante da falta de solucións aos problemas que o colectivo vén denunciando dende hai tempo. Os paros faranse efectivos a partir do vindeiro 15 de novembro e afectarán a 57 centros escolares.
2/9/2010
A central critica que o departamento autonómico aproveitase as vacacións estivais para "atacar" a calidade do ensino público
A CIG-Ensino denuncia que a Consellería de Educación vén de publicar unha orde na que dá un
novo golpe á calidade do ensino público ao suprimir 80
unidades, 21 de Infantil e 56 de Primaria, o que suporá 108
profesores menos. A central nacionalista critica que o departamento autonómico aproveitou as vacacións estivais para
publicar o novo cadro de persoal dos centros e
a modificación dos concertos educativos. Os cambios supoñen tamén, tal e como censurara a CIG anteriormente, o peche de 19 centros educativos públicos.