Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
Compostela
16/2/2012 Critica que se abrise a nova sala de observación sen ter aumentado antes o persoal
A federación de Saúde da CIG de Compostela denuncia diante da opinión pública o deterioro na calidade e tempos de asistencia que se está a producir en urxencias tras a última reestruturación do servizo. Dende a central nacionalista critican a apertura da nova sala de observación sen que se tivese producido antes un incremento de persoal.
7/2/2012 A mobilización, convocada pola CIG, desenvolveuse en Santiago de Compostela por espazo dunha hora
Arredor de 150 traballadores e traballadoras dos Centros de Atención Continuada (PAC) participaron hoxe na concentración convocada pola CIG en Santiago de Compostela para denunciar os incumprimentos dos acordos de Atención Primaria por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas).
7/2/2012 A conferencia sindical celebrada este martes en Compostela aprobou por aclamación a mobilización
O secretario xeral da CIG compareceu en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga xeral nacional para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada practicamente por aclamación -só houbo sete abstencións- durante a conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela este martes e na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.
3/11/2011 A federación de Saúde de Compostela propón que sexa a Comisión de Centro a que fixe uns criterios nos que prevaleza a publicidade e o mérito
A federación de Saúde da CIG de Compostela amosou o seu rexeitamento ao proceso de mobilidade interna do persoal de atención primaria mediante comisións de servizo ao entender que permite cubrir as vacantes só en función da antigüidade sen que prevalezan criterios como a publicidade e o mérito. A central nacionalista considera que isto favorece o “amiguismo” e reclama que sexan a Comisión de Centro e o Servizo de Medicina Preventiva os que fixen os requisitos para a obtención dos postos e que non se faga “por potestade administrativa mediante comisións de servizo”.
3/10/2011 A central nacionalista propón que Facenda e a Seguridade Social apracen o cobro das débedas contraidas pola industria auxiliar
Centos de delegados/as do naval das comarcas de Vigo e Ferrol percorrerán este martes día 4 as rúas Compostela na manifestación convocada pola CIG (Alameda, 11.00 horas) para reclamarlle aos Gobernos español e galego a adopción de medidas que permitan superar a grave crise que padece o sector en Galiza. A central nacionalista propón que Facenda e a Seguridade Social apracen o cobro das débedas contraidas pola industria auxiliar e aposta por buscar novos sistemas que faciliten o crédito.
28/7/2011 A central nacionalista denuncia que se están a pechar camas e non se substitúe ao persoal
A federación de Saúde da CIG de Santiago de Compostela alerta da saturación que se vive estes días no servizo de urxencias como consecuencia do peche de camas e da falta de persoal. A central nacionalista non descarta a posibilidade de adoptar outro tipo de medidas para denunciar o deterioro asistencial que está a sufrir a poboación desta área sanitaria e a precariedade laboral dos traballadores/as.
1/7/2011 Os desempregados e desempregadas da Coruña e Ferrol continúan o seu percorrido xuntos, os/as de Ourense chegan a Bandeira e as/os de Lugo avanzan cara o Pino
Esquivando o cansazo acumulado, as pendentes do camiño e as elevadas temperaturas que abrasan o País, as marchas polo emprego que dende o mércores percorren Galiza continuaban este venres a bo ritmo. Ademais, un grupo de desempregados e desempregadas de Pontevedra sumábase a marcha que o xoves partiu de Vigo. O Secretario Xeral da CIG, que se achegou até a cidade do Lérez para apoiar a iniciativa, asegurou que nestes momentos resulta fundamental chamar a atención da cidadanía e pedir a solidariedade cos traballadores e traballadoras afectados pola falta de traballo. Mentres os e as participantes das marchas de Ferrol e A Coruña xuntaban os seus pasos para continuar o camiño até Ordes, onde pasarán a noite.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com