16/5/2013
A FGAMT-CIG de Lugo denuncia as manobras da empresa para se desfacer do persoal con máis antigüidade
A CIG de Lugo realizou este xoves unha concentración solidaria cos sete traballadores/as despedidos da Panadería Bollería Majufer, aos que a empresa aínda non abonou as contías correspondentes á liquidación e a indemnización, “obrigando así ao persoal a recorrer a vía xudicial para conseguir o pagamento dos seus salarios”.
8/5/2013
Concentráronse esta mañá ante o edificio do IGAPE para exixir da administración que garanta o financiamento comprometido para garantir a continuidade da factoría
No prazo
dun mes, se a Xunta non garante a liquidez necesaria para reiniciar a actividade, Alimentos Lácteos entrará en
concurso de acredores. En xogo están os ingresos de 81 familias que dependen directamente
do salario que reciben da factoría e doutras 2.500, entre produtores,
cooperativas e transportistas que vinculan a súa actividade á empresa. A isto
engádense as consecuencias económicas que terá para Outeiro de Rei e a súa zona
de influencia. Fronte a isto, a única resposta da administración é que está a
facer un traballo silencioso. Tanto que se descoñece en que consiste ou se dará
froitos.
6/5/2013
A sección sindical empraza ao persoal a seguir mobilizándose e ao resto de sindicatos a non agardar até xuño, porque daquela”será demasiado tarde”
Traballadoras e traballadores de AENA de
Lavacolla percorrían este venres as instalacións da nova terminal, ao son do
bombo, para denunciar que o Plan de Viabilidade a aplicar no aeroporto provocará
a supresión de 31 postos de traballo. A sección sindical da CIG denuncia que
isto reducirá o cadro mínimo operativo previsto para o normal funcionamento do
aeroporto compostelán nun 20%. Por iso fai un chamamento a todas as
organizacións sindicais a unir forzas para frear esta ERE encuberto e non
agardar a que sexa demasiado tarde.
29/4/2013
Considera que persoal coa mesma cualificación profesional e da mesma unidade ou servizo dentro do hospital debe ter as mesmas oportunidades
A CIG-Saúde denuncia que a dirección do CHUS vén de realizar diversas
coberturas de postos de enfermería “a dedo” a persoas que carecen da titulación
requirida. Unha situación que, asegura, ten provocado o malestar do persoal
e contra a que vén convocando concentracións estes últimos venres. A
pasada semana remitiu, ademais, un escrito á Dirección de Recursos Humanos da
Xerencia Integrada e do Sergas para que explique as razón que levaron a tomar
esta decisión vulnerando o código ético do CHUS.
25/4/2013
Chama a mobilizarse e crear conciencia para mudar a correlación de forzas e comezar a facer políticas que permitan a Galiza saír da crise, crear riqueza e frear a sangría do paro
Este xoves
celebrábase en Compostela a asemblea de delegadas e delegados previa ao
Primeiro de Maio e unha concentración posterior na Praza de Galiza. Diante da
crítica situación, o secretario
xeral, Suso Seixo, asegurou que “nin o goberno español, nin o
Partido Popular, nin a UE nos representan” e proclamou a necesidade de “coller
o noso propio camiño”, para decidir cales son as alternativas políticas
necesarias para Galiza poder contar con ferramentas para enfrontar a crise,
recuperar os nosos sectores produtivos e crear emprego digno.
24/4/2013
A rebaixa é de 665.000 euros, en relación coas obrigas recoñecidas no orzamento de 2011
O persoal do Concello de Santiago concentrarase este xoves, entre as 11:30 e as 12:00 horas
diante do Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro para manifestar a súa oposición
ao novo recorte nas partidas de acción social, segundo se recolle no proxecto
de orzamentos ordinarios municipais para 2013, que se aprobarán no Pleno da
Corporación esta mesma tarde.
22/4/2013
Demandan unhas carleteiras de 2013 xustas e e quilibradas, pola compensación en tempo de descanso dos domingos e festivos
Traballadoras/es da Residencia
da Terceira Idade Volta do Castro de Compostela concentrábanse este domingo diante
do centro para demandar unhas carteleiras de 2013 xustas e equilibradas e a
compensación en tempo de descanso dos domingos e festivos. Denuncian a imposición
de quendas de traballo abusivas, inxustias e discriminatorias, por parte dos
directores dos centros de Traballo e Benestar na Coruña: Residencias da
Terceira Idade, Centros de Menores, Complexo Xuvenil As Mariñas e CAPD.