11/3/2010
Durante a celebración do xuízo por demanda de rescisión de contratos
Os traballadores e as traballadoras da Vidreira do Atlántico acudían o mércores 10 de Marzo ao Xulgado do Social número 3 de Ourense, onde ía ter lugar a vista pola demanda de extinción dos contratos de máis de 75 empregados/as da factoría limiá. Na vista quedou demostrado que o proceso de concurso de acredores foi inducido polo Grupo ao que pertence a fábrica e que se produciu unha violación sistemática, no último ano, dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, polo que dende a CIG e o persoal se solicita unha indemnización de 45 días por ano traballado, máis outra indemnización complementar por vulneración de dereitos. Dende a CIG de Verín destacan tamén que, durante o xuízo, os administradores concursais ratificaron nas súas declaracións os argumentos esgrimidos pola parte social, cualificando de fraudulenta a actuación da empresa.
10/3/2010
O empresario continúa sen solicitar concurso de acredores a pesar da situación de quebra da compañía
Delegados e delegadas da CIG-Servizos repetiron as concentracións iniciadas hai unhas semanas diante da tenda de Francisco Parada no centro de A Coruña para demandar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do seus traballadores e traballadoras. Dende a CIG-Servizos advirten que as protestas continuarán até que a empresa faga fronte a todas as súas débedas.
6/3/2010
A compañía, con sede en A Coruña, iniciou un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades
Os traballadores de Siemsa Galicia, empresa dedicada á montaxe e mantemento dos parques eólicos, iniciaron na tarde do venres 5 de marzo mobilizacións para denunciar a destrución masiva de postos de traballo e demandar información sobre o futuro da compañía, que vén de iniciar un proceso de creación de novas empresas para dividir as súas actividades.
24/2/2010
O pasado mes de novembro, o delegado defendeu a un compañeiro que fora inxustamente despedido
CIG-Banca vén de celebrar unha concentración diante da oficina principal de Banesto en Ourense para dar resposta a acción antisindical contra un delegado da CIG como represalia por defender no mes de novembro a un compañeiro inxustamente despedido.
24/2/2010
Denuncian que sete traslados forzosos son sete despedimentos encubertos para desmantelar a administración
O xoves 25 de febreiro de 14 a 14.30 o persoal de Levantina, antiguo Grupo Graniter, volverá concentrarse ás portas desta factoría para amosar a súa solidariedade coas sete compañeiras/os que pretenden trasladar a Alacant, e contra o desmantelamento desta empresa.
22/2/2010
Entrevistáronse co alcalde, asi como cos grupos municipais de BNG e PsdeG neste concello despois da mobilización
O persoal da empresa Levantina (antiguo grupo Graninter) concentráronse o sábado 20 de febreiro diante do concello de O Porriño para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant, provincia na que se encontra a sede central do grupo, e onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para marzo. Despois desta mobilización tiveron diversas reunións nas que obtiveron o ocompromiso de mediar no conflito, asi como de solicitar o apoio da Consellaria de Traballo e Industria para evitar o desmantelamento desta firma en O Porriño.
18/2/2010
As protestas continuarán nos vindeiros días
Os traballadores e traballadoras de Francisco Parada, empresa dedicada a comercialización e instalación de materiais de alta gama para cuartos de baños, iniciaron esta mañá un calendario de mobilizacións para reclamar o pagamento dos atrasos salariais que o empresario adebeda a boa parte do cadro de persoal. As protestas continuarán até que o propietario abone todas as contías atrasadas.