1/10/2009
Coincidindo coa festa-aniversario do xeriátrico de Compostela
Traballadores/as das residencias privadas da Terceira Idade e delegados e delegadas da CIG e de CCOO iniciaron na mañá do 1 de outubro as mobilizacións a prol dun convenio digno e con dereitos para un sector que ocupa a máis de 5.000 persoas no noso País. O persoal, maioritariamente feminino e cuns salarios que rondan os 800 euros, acordou iniciar protestas logo da ruptura da mesa de negociacións, o pasado 17 de setembro, ante a postura intransixente da patronal e as pretensións de recortar os dereitos dos traballadores/as.
28/9/2009
Mobilización diante da Dirección provincial do Sergas
O luns 28 de setembro a Conselleira de Sanidade Pilar Farjas realizou unha rolda de prensa na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo para presentar as liñas a seguir sobre o novo hospital para Vigo. Diante da Dirección Provincial concentráronse membros da Plataforma en defensa da sanidade pública para protestar polas intencións privatizadoras e de recortes no Novo Hospital para Vigo.
23/9/2009
Desta volta as mobilizacións trasladaranse tamén a outros centros do grupo empresarial ao que pertence o hospital
O xoves 24 de setembro están convocadas novas mobilizacións contra a represión sindical e contra o despedimento da delegada da CIG e portavoz do comité de folga durante a mobilización pola negociación do convenio de Povisa, Consuelo Martínez. Nesta ocasión, as mobilizacións terán lugar non só diante do centro médico senón que se trasladarán a outras empresas do grupo ao que pertence Povisa, tais como Remolcanosa ou o Sanitario Nuestra Señora de la Esperanza en Compostela.
22/9/2009
Levaron a cabo unha concentración na tarde do luns para reclamar o pagamento das nóminas atrasadas
Os traballadores/as de Syser no centro comercial de Narón, encargados da vixilancia do recinto, continúan coas mobilizacións para reclamar o pagamento das dúas mensualidades atrasadas (paga extraordinaria de xullo e a nómina de agosto). Desta volta levaron a cabo unha concentración no centro comercial na tarde do luns, 21 de setembro, coincidindo cunha reunión entre a xerencia e os comerciantes na que se abordou a cuestión da seguridade
17/9/2009
Prepararanse novas accións nas semanas máis próximas ao xuízo
No mes de setembro tamén continúan a celebrarse todos os xoves asembleas no cambio de quenda das tres da tarde e posteriores mobilizacións ás portas do centro hospitalario Povisa para reclamar a readmisión da despedida Consuelo Martínez, delegada da CIG e portavoz do Comité de folga durante a mobilización que se levou adiante neste centro de traballo pola negociación do seu convenio colectivo.
17/9/2009
Ao non comparecer unha das testemuñas
O xuízo previsto para a mañá do 17 de setembro na sala do Social de Ferrol polo despedimento dun traballador de Rialsa-Monbus, afiliado da CIG, quedou finalmente suspendido ao non comparecer unha das testemuñas, neste caso o responsábel da empresa no zona.
16/9/2009
Denuncian prácticas irregulares na contratación de persoal
Un grupo de delegados e delegadas da CIG participaron na mañá do 16 de setembro na concentración convocada diante da Oficina de Correos de A Pobra para denunciar a represión laboral que están a padecer tres traballadores/as e para demandar transparencia nos procesos de contratación nos centros postais na comarca de O Barbanza.