Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
A coacción alemá
18/06/2013Ignacio Ramonet
A escala planetaria, as demais grandes economías, Estados Unidos e Xapón, volveron ao crecemento mentres a UE segue sumida na recesión. Por iso Ã...
Por que se fan os recortes?
18/06/2013Vicenç Navarro
O goberno Rajoy recortou 6.000 millóns de euros en sanidade, cando podería conseguir máis diñeiro anulando a baixada do imposto ás grandes empr...
Pensións: Rebaixa inxusta e inxustificada
17/06/2013Antonio Antón
O Goberno do PP prepara unha reforma profunda e regresiva do sistema público de pensións. O efecto das medidas fundamentais propostas no Informe d...
O significado mais profundo da espionagem em massa nos EUA
17/06/2013James Petras
A revelação de que o regime utiliza a Agência de Segurança Nacional (NSA na sigla em inglês) para espionar secretamente as comunicações de ce...
Migración de «perroflautas»
13/06/2013Xurxo Martiz Crespo
O monfortino David Pérez Cabo (1983) foi un dos 12 premios estatais que o martes 6 de xuño non lle quixo dar a man ao ministro Wert na entrega de ...
Suecia: Cando unha estrela morta deixa de brillar
06/06/2013Lucio Salas Oroño e Amílcar Salas Oroño
concentración
30/1/2009 Tapan a cara para "evitar represalias" da dirección
Os delegados sindicais da CIG e CCOO na lousa de Ipisa en Carballeda, Valdeorras, concentráronse o xoves 29 de xaneiro para protestar contra a represión sindical que están a vivir os seus compañeiros de traballo, desde que comezaran a mobilizarse para acadar melloras de hixiene, seguridade e laborais nos seus postos de traballo. No interior da nova podedes visualizar unha pequena peza audiovisual deste acto.
29/1/2009 Delegados e delegadas concentráronse diante do edificio da Consellaría de Sanidade
Delegados e delegadas da CIG-Saúde concentráronse diante do edificios administrativos da Consellaría de Sanidade en Compostela para demandar a modificación do acordo da mesa central de contratación do persoal inscrito na listaxe de vinculacións temporais. Dito acordo permitiría que un profesional inscrito na lista de Ourense tivera que desprazarse até Verín para traballar.
22/1/2009 A partir das 10:30 horas, diante da sé da empresa en Lestedo
As traballadores de Confecciones Lema van continuar coas mobilizacións para reclamar o pago dos salarios atrasados e das indemnizacións polo peche da empresa. Desta volta, concentraranse diante da nave de Lestedo o 23 de xaneiro a partir das 10:30 horas. As 12 traballadoras afectadas levan sen cobrar tres meses e agora enfróntanse a un ERE mediante o que a dona da empresa pretende despedilas de xeito barato.
19/1/2009 A partir das 11:30 horas na Praza do Toural de Santiago de Compostela
A CIG-Servizos convocou unha concentración nacional o martes 20 xaneiro a prol de conseguir un convenio colectivo de ámbito galego no sector da seguridade privada, vista a parálise que está a sufrir a negociación a nivel estatal. A mobilización terá lugar na Praza do Toural de Compostela a partir das 11:30 da mañá coincidindo coa celebración en Madrid dunha nova xuntanza da Mesa Negociadora.
14/1/2009 Contra o peche e a deslocalización
A dirección internacional de Astrazeneca, ten a intención de pechar a súa factoría de O Porriño, se o 31 de xaneiro non encontra comprador para esta fábrica, e nese caso deixará a todos os traballadores/as na rúa (113 traballadores/as), aínda despois de obter uns beneficios por riba do esperado. A compañía quere desviar a fabricación dos seus produtos a países con man de obra máis barata, e sen embargo pretende continuar a vender aqui os seus produtos. Por estes motivos, a sección sindical da CIG na farmacéutica convoca unha nova concentración de rexeitamento a esta destrución do emprego.
12/1/2009 Fixéronlle entrega de dúas cartas a Touriño e ZP
Desde as dez e media da mañá perto de noventa traballadoras e traballadores de Valeo concentrábanse diante do Pavillón dos Remedios, para denunciar a situación do persoal desta fábrica do Porriño, que leva desde o 31 de decembro pechada, diante do mitín que o PSOE celebraba na cidade de Ourense, coa presenza dos presidentes do goberno español e galego. Estas traballadoras conseguiron facerlle entrega de dúas cartas dirixidas a Zapatero e Touriño, e denunciaron que "estamos fartas de enganos e o que precisamos é rematar coa incertidume destas máis de noventa familias afectadas".
7/1/2009 O xefe pechou as portas da empresa hai unha semana
Os traballadores da empresa viguesa de electricidade Rodi hai unha semana que encontraron as portas da sua empresa pechadas, ademais de levar desde o mes de outubro co impago dos seus salarios, polo que desde o 7 de xaneiro mobilizaranse para demandar que se lles reintegre as cantidades que se lles deben e polo mantemento dos postos de traballo. O mércores mobilizáronse ao longo da mañá, desde as dez, fronte á estación de servizo de Teis e xunto a Fenosa.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com