24/2/2010
A consellaría remitiu unhas instrucións segundo as que son os propios centros os que deben adoptar medidas cando consideren oportuno
O 23 de febreiro, martes, a consellaría emitía un comunicado aos centros educativos no que se recollían as instrucións a seguir en relación coa previsión de fenómenos meteorolóxicos adversos os días 24 e 25 de febreiro. A CIG-Ensino denuncia o abandono de funcións da Consellaría de Educación, á hora de tomar medidas e que se responsabilice aos centros para que sexan estes quen tomen as decisións que consideren oportunas.
23/2/2010
O borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira esixindo un determinado nivel para o profesorado
Na mesa sectorial do 23 de febreiro debateuse o borrador do Decreto de ordenación xeral da FP do sistema educativo de Galiza. A CIG-Ensino criticou un dos aspectos máis preocupantes e regresivos desta proposta que é a nula referencia ao Decreto que regula o uso do noso idioma. Así, dentro da política de ataque sistemático ao noso idioma por parte desta Administración, o borrador de Decreto non recolle ningunha alusión ao uso do galego, mais si se recollen as linguas estranxeiras, até o extremo de que o borrador pretende xeneralizar a impartición de módulos en lingua estranxeira, esixindo un determinado nivel ao profesorado.
11/2/2010
A Federación reclama que se restabelezan os intercambios pola súa utilidade para a aprendizaxe das linguas
A CIG-Ensino está promovendo escritos dos centros aos consellos
escolares e claustros de profesores para que a Consellaría de Educación
manteña as axudas ao alumnado para poder participar en estadías e
intercambios con centros educativos doutros países para favorecer a
aprendizaxe activa das linguas.
9/2/2010
Constátase así que os idiomas estranxeiros eran unha escusa para reducir a presenza do galego nos centros
A CIG-Ensino vai levar á Mesa Sectorial docente non Universitaria, que se realizará este mércores día 10, unha pregunta sobre a supresión das axudas para os intercambios escolares co estranxeiro. Segundo denuncia o profesorado dos centros afectados, a Consellaría de Educación non publicou, a día de hoxe, as axudas para intercambios escolares co estranxeiro que se veñen realizando desde hai moitos anos e a algúns deles xa os informou de que estas axudas foron suprimidas. A supresión afectaría a máis de 100 centros que anualmente veñen solicitando estas achegas.
18/1/2010
Redúcense nun 20% respecto do ano pasado e non se convocaron até o 11 de xaneiro
Tal e como denunciara a CIG-Ensino a Secretaría Xeral de Política Lingüística agardou ao día 11 de xaneiro para publicar a convocatoria de axudas a proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos, dando un paso atrás nun dos avances que se tiña acadado nesta materia: que as axudas se convocasen co inicio do curso escolar. Unha demanda que a CIG-Ensino conseguiu que fose atendida polo anterior goberno.
18/1/2010
O sindicato nacionalista anuncia que a folga vai ser un novo éxito dos que queren a nosa lingua
A CIG-Ensino está convocada a unha reunión co Conselleiro de Educación este martes, día 19 a unha hora (18.30 do serán), que considera totalmente improcedente e inxustificábel, e que ten como obxectivo que a posición da central sindical, maioritaria no ensino, pase o máis desapercibida posíbel ante a opinión pública. A CIG-Ensino asegura que este “convite só podemos entendelo como un lavado de cara e unha escusa perversa para intentar darlle cobertura social a unha proposta que o único que persegue é reducir o ensino en galego”.