24/2/2010
Considera que a consellaría amosa, unha vez máis o seu desprezo absoluto aos representantes sindicais e á Mesa Sectorial de Negociación
O pasado 23 de febreiro de 2010 saíu publicada no DOG a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, pola que se modifican diversas leis de Galiza para a súa adaptación á directiva 2006/123/CE, Lei que aproveita o Sergas de forma escurantista e sen previa comunicación ás organizacións sindicais para modificar a Lei vixente nesta comunidade autónoma de Colexios profesionais de Galiza. Con esta modificación será obrigatorio para todos os profesionais de Ciencias da Saúde da administración pública que realicen actos profesionais e que teñan como destinatarios os usuarios do servizo público de saúde, a súa colexiación.
19/2/2010
Anuncian que agardarán resposta da Conselleira de Sanidade até o luns, e que de non atender as súas demandas realizarán un peche indefinido nestas dependencias
Uns trinta traballadores/as do hospital da Cruz Vermella de Vigo pecháronse na mañá do venres 19 de febreiro na dirección provincial do Sergas, na rúa García Barbón, en Vigo para exixir unha reunión ou unha resposta da conselleira Pilar Farjas para abordar a cuestión do peche deste centro sanitario.Conseguiron con este peche o compromiso de que o luns terán nas súas mans un documento da Consellaria de Sanidade, en resposta as súas mobilizacións e demandas, mais xa adiantan que "nos pecharemos indefinidamente se non asume a Consellaria a súa responsabilidade na nosa situación e as repercusións que ten para as usuarias e usuarios deste centro".
15/12/2009
Na véspera da folga de 24 horas nos centros sanitarios convocada por CIG-Saúde e SAE
Na véspera da folga convocada por CIG-Saúde e SAE na Sanidade Pública galega, os traballadores e as traballadoras desenvolveron unha nova concentración nos hospitais de todo o País na defensa dos acordos asinados e publicados. A mobilización enmárcase dentro do calendario de protestas que está a levar adiante a plataforma sindical unitaria, que este mércores manterá unha xuntanza para estudar a posibilidade de realizar novas concentracións.
9/12/2009
Rexeitan a última proposta do Sergas de adiar até 2013 a aplicación íntegra das melloras
Uns mil traballadores e traballadoras da sanidade concentráronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, para protestar contra a suspensión dos acordos asinados en materia retributiva e sobre as condicións de traballo. Dende a CIG-Saúde esíxese o cumprimento íntegro dos acordos e dubídase das garantías que poida achegar a administración agora para aplicar a súa nova proposta.
1/12/2009
O vindeiro xoves 3 de decembro ás 11:00 horas
A CIG-Saúde vai desenvolver concentracións o vindeiro xoves 3 de decembro diante das direccións provinciais do Sergas como protesta polos continuos problemas na contratación de persoal. Dende a Federación de Saúde reclámase a publicación inmediata das listas pendentes, así como unha política que prime a cobertura das necesidades do persoal coas listas de contratación e a cobertura das vacantes do Plan de Mellora de Atención Primaria, procesos áxiles e transparentes na elaboración e xestión das listas, a publicación do decreto das novas categorías e a axilización na negociación do Novo Pacto de Contratacións.
13/11/2009
A plataforma unitaria rexeita a proposta e anuncia unha nova concentración de delegados o día 18 de novembro
A plataforma sindical unitaria acordou un novo calendario de mobilizacións, logo do fracaso da reunión Mesa Sectorial, celebrada o xoves 12 de novembro en Santiago, na que o Sergas presentou unha proposta que adía até o 2014 a aplicación dos acordos retributivos. As organizacións sindicais rexeitaron a proposición e convocaron asembleas para os días 16 e 17, así como unha concentración de delegados/as en Compostela o vindeiro mércores 18 de novembro.