2/12/2010
A CIG denuncia a ineficacia da consellaría para dar resposta á situación creada pola metereoloxía adversa
A CIG-Ensino denuncia que a Consellaría de Educación actuou con total
ineficacia á hora de artellar unha resposta ao anuncio de climatoloxía
adversa para este xoves día 2, prexudicando o profesorado e o proceso
electoral no que 32.384 profesores ían escoller os seus 146 delegados/as de persoal nas eleccións sindicais no Ensino non universitario.
2/9/2010
A central critica que o departamento autonómico aproveitase as vacacións estivais para "atacar" a calidade do ensino público
A CIG-Ensino denuncia que a Consellería de Educación vén de publicar unha orde na que dá un
novo golpe á calidade do ensino público ao suprimir 80
unidades, 21 de Infantil e 56 de Primaria, o que suporá 108
profesores menos. A central nacionalista critica que o departamento autonómico aproveitou as vacacións estivais para
publicar o novo cadro de persoal dos centros e
a modificación dos concertos educativos. Os cambios supoñen tamén, tal e como censurara a CIG anteriormente, o peche de 19 centros educativos públicos.