Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
Consorcio galego de Servizos de Igualdade e Benestar
28/10/2009 Desmentiron todas e cada unha das declaracións “difamatorias”sobre a forma de acceso ao posto de traballo
Delegadas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acompañadas polo secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, desmentiron esta mañá, en rolda de prensa, todas e cada unha das declaracións realizadas pola Secretaria Xeral, Susana López Abella, o pasado sábado, ante os medios de comunicación. Unhas declaracións coas que consideran que se difama ao persoal das oficinas do Consorcio e das que exixen a súa rectificación.
8/10/2009 Aínda non se produciron actualizacións do listado inicial a pesar de terse realizado procesos selectivos o pasado ano
O Comité de Empresa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de Ourense vén de denunciar publicamente os problemas que están a acontecer coas listaxes de agarda. O Comité comunicou en múltiples ocasións as eivas das listas ao organismo e dirixiu, na primeira semana de setembro, un escrito ao Xerente do Consorcio sen que a día de hoxe obtivese contestación.
7/10/2009 Denuncian a parálise nas relacións laborais, a incerteza das traballadoras/es e a precariedade no servizo
Delegados e delegadas da CIG concentráronse diante da consellaría de Traballo e Benestar Social para denunciar a situación de parálise na que se atopan as relacións laborais no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, co que isto supón de incerteza nos traballadores e traballadoras e de precariedade no servizo.
5/10/2009 Problemas de seguridade nunha galescola e atrasos no pago de salarios por noites e festividades
O Comité de Empresa do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de Ourense emitiu unha nota de prensa, que reproducimos integramente a continuación, para denunciar a situación de falta de persoal nos centros de día, asi como atrasos no pago de noites e festivos, e outras irregularidades como problemas de seguridade nunha galescola desta provincia, entre outras situacións, que xa foron postas en coñecemento da xerencia deste organismo.
29/9/2009 Ante a parálise da Consellaría á hora de aplicar as melloras laborais xa acordadas e de retomar os procesos selectivos
Diante da parálise da Consellaría de Traballo a respecto da situación laboral dos traballadores e traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e da paralización dos procesos selectivos sen xustificación, a CIG-Ensino ten anunciado que vai iniciar unha serie de mobilizacións entre as que se levarán a cabo unha concentración de delegados/as o vindeiro 7 de outubro diante dos edificios da Xunta en San Caetano, unha recollida de sinaturas en apoio á táboa reivindicativa do colectivo, resolucións dos comités, etc.
1/6/2009 A CIG esixe a inmediata reanudación do proceso selectivo
Os xulgados do contencioso administrativo número 1 e 2 de Compostela veñen de ditar cadanseu auto no que se desestima a solicitude de adopción da medida cautelar de paralización das probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dende a CIG-Ensino destacan que "isto pon en evidencia a estratexia de quen usou a difamación para intentar paralizar as probas selectivas, baseándose nunha suposta ilegalidade".
19/5/2009 As presidentas dos Comités provinciais advirten que “non imos aceptar ningún paso atrás en materia de prestacións sociais”
A CIG-Ensino fixo entrega na mañá do 19 de maio de 5.546 sinaturas en defensa do mantemento dos postos de traballo no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do carácter público dos servizos que ofrece e en demanda da realización inmediata dos procesos selectivos paralizados como consecuencia das eleccións galegas. No escrito rexistrado na Xunta, as catro presidentas dos Comités provinciais do Consorcio lembran as declaracións realizadas por Feijoo en relación ao organismo e advirten á Conselleira de Traballo e Benestar que “non imos aceptar ningún paso atrás en materia de prestacións sociais”.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com