Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Contact Center
8/6/2011 Dende a CIG-Banca denuncian a actitude patronal, que mantén paralizado o acordo ao negarse a negociar a parte social
Ducias e ducias de traballadoras e traballadores participaron hoxe nas concentracións convocadas pola CIG nas principais empresas de telemárketing na cidade de Vigo para protestar polo bloqueo da negociación do convenio estatal de Contact Center.
3/6/2011 Dende a CIG-Banca denuncian a actitude patronal, que mantén paralizado o acordo ao negarse a negociar a parte social
Traballadores e traballadoras do telemárketing da Vigo levarán a cabo o este mércores día 8 concentracións diante principais empresas do sector para demandar a negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, para un sector que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. Esta xornada de loita convocada pola Federación de Banca da CIG chega despois das mobilizacións celebradas recentemente na Coruña.
1/6/2011 A patronal ten paralizadas as negociacións dende hai quince meses, mentres que os salarios dos/as traballadores/as continúan conxelados
Traballadores e traballadoras do telemárketing da Coruña concentráronse está mañá diante das principais empresas do sector para demandar a negociación dun convenio colectivo digno e con dereitos, que en Galiza dá emprego a unhas 8.000 persoas. As mobilizacións, convocadas pola Federación de Banca da CIG, terán continuidade o vindeiro 8 de xuño na cidade de Vigo.
18/3/2010 Pretenden adiar as negociacións até que saia a sentenza definitiva sobre a suba salarial adebeda aos/ás traballadores/as
A patronal de Contac Center, como gustan en chamarse xa que a sociedade considera pexorativo o termo telemárketing, non ten intención de negociar un novo convenio colectivo en tanto non exista sentenza definitiva sobre a suba salarial que as empresas adebedan aos traballadores/as, correspondente aos anos 2009 e 2010. Non obstante, dende a CIG-Banca sospeitan que, aínda que houbera sentenza definitiva, a patronal non ía negociar, xa que “están demasiado cómodos co marco actual”.
15/2/2010 Solicitou un posicionamento contra a deslocalización de Vodafone, que só foi apoiado pola CGT
A federación de Banca da CIG pediu, o pasado venres día 12 de febreiro, na xuntanza da Mesa Negociadora do II convenio de Contact Center (antes telemarketing), unha suba lineal de 540 euros e que se cumpra a pactada no anterior convenio, do 2,25%, incluíndo unha cláusula que non obrigue aos traballadores/as do sector a devolver diñeiro se a sentenza do Tribunal Supremo fose favorábel ás empresas. Alén diso, denunciou a outros sindicatos que “protestaron” polo impago e agora piden subas do 1% para este ano, mentres que nas súas plataformas volven ligar o salario ao IPC.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com