marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
convenio colectivo
18/3/2010 Pretenden adiar as negociacións até que saia a sentenza definitiva sobre a suba salarial adebeda aos/ás traballadores/as
Eurocen
A patronal de Contac Center, como gustan en chamarse xa que a sociedade considera pexorativo o termo telemárketing, non ten intención de negociar un novo convenio colectivo en tanto non exista sentenza definitiva sobre a suba salarial que as empresas adebedan aos traballadores/as, correspondente aos anos 2009 e 2010. Non obstante, dende a CIG-Banca sospeitan que, aínda que houbera sentenza definitiva, a patronal non ía negociar, xa que “están demasiado cómodos co marco actual”.
28/1/2010 Denuncian que os delegados/as de prevención descoñecen se están realizadas as avaliacións de riscos
Concentración persoal Verín 1
O Comité de empresa do persoal laboral do Concello de Verín reclamou ao rexedor local a creación do Comité de Seguridade e Saúde e que atenda ás necesidades en materia de prevención de riscos, pois, segundo explican, nin o persoal ten a formación e información adecuada para desenvolver o seu traballo nin os propios delegados/as teñen a certeza de que estean realizadas as avaliacións de riscos ou os planos de prevención. Así mesmo, reiteraron as demandas ao alcalde de Verín para que sente a negociar o convenio colectivo, caducado xa en 2007.
26/1/2010 Acompañados por delegados/as da CIG, trasladaron as súas reivindicacións até as portas da Deputación de Ourense
10-01-25 Concentración Policía Verín
Unha representación do Corpo da Policía Local de Verín, acompañado por delegados e delegadas da CIG, deu continuidade ás mobilizacións que emprendeu hai máis dun ano cunha concentración este luns, 25 de Xaneiro, diante dos edificios da Deputación de Ourense para denunciar a falta de negociación colectiva no Concello e reclamar á institución provincial que medie diante do alcalde de Verín, co obxecto de promover o inicio dun diálogo coas organizacións sindicais e os traballadores/as.
19/1/2010 Traballadores/as e delegados/as de CIG e CCOO concentráronse diante do centro Geriatros de Ferrol
09-12-17 Mobilización convenio Residencias Privadas Terceira Idade IX
Á espera de que os sindicatos sexan convocados a un novo AGA, e tras modificar algúns puntos da plataforma inicial, as mobilizacións a prol dun convenio para as traballadoras e traballadores das residencias privadas da terceira idade continuaron este martes, nesta ocasión cunha concentración diante do centro Geriatros de Ferrol.
12/1/2010 Diante do inmobilismo das empresas que teñen as contratas do Sergas
Reivindicacións persoal limpeza CHUAC
As traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza dos centros que integran o CHUAC continúan esta semana coas protestas en demanda do cumprimento dos convenios colectivos e na defensa dos seus dereitos laborais. Este, mércores 13 de xaneiro, desenvolverán unha nova concentración ás 9:45 horas diante da Xerencia do Complexo Hospitalario xa que, até o momento, non se teñen producido avances de ningún tipo por parte das empresas concesionarias do servizo, que se negan a buscar unha saída dialogada a este conflito.
18/12/2009 Os traballadores/as agardaban que a conselleira de Sanidade participase nun acto neste centro
09-12-18 Concentración Abente y Lago II
As protestas das traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza do CHUAC trasladáronse esta mañá ao hospital Abente y Lago, onde se agardaba que a conselleira de Sanidade participase nun acto oficial. O persoal, que finalmente non chegou a ver á responsábel do departamento de saúde, advertiu que manterá as mobilización até que dende as empresas e o Sergas se acheguen garantías do cumprimento dos convenios colectivos.