marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
convenio do metal
26/10/2009 "É un proceso sen garantias, só para xustificarse", polo que a central sindical nacionalista chama a non participar neste proceso
20091019metalXXX
Ao longo da última semana de outubro CCOO e UGT anunciaron que van realizar referendos en máis de 700 empresas do metal da provincia de Pontevedra  para preguntar sobre o preacordo que xa asinaron coas asociacións empresariais do Metal na semana pasada. A CIG-Metal xa anunciara que non ía asinar este preacordo, xa que é insuficiente e é a mesma proposta que xa fora presentada no mes de xuño, rexeitada polas asembleas de traballadores en folga. Diante da convocatoria destes referendos a CIG chama a non participar deste proceso, xa que "é unha votación para xustificar o seu preacordo e lexitimar unha sinatura dun convenio, que queda moi lonxe das demandas do sector e polas que se loitou moi duramente este ano".
23/10/2009 Será o próximo mércores nos Salesianos ás 19.30 da tarde
20091019metalXXX
A Federación do Metal da CIG convoca unha asemblea de afiliados e afiliadas, asi como simpatizantes que terá lugar o vindeiro mércores 28 de outubro ás 19.30 horas no Cine Salesianos, na rúa Venezuela número 3, para tratar como único ponto da orde do día o convenio do metal.
21/10/2009 A CIG non asina o preacordo do Convenio do Metal, asinado por CCOO e UGT, que recolle a mesma proposta salarial que presentaron os mediadores no mes de xuño durante a folga e que fora rexeitada
20091021os13metalII
O 21 de outubro tiña lugar a terceira xornada do macroxuízo contra trece traballadores do Metal, que no 2006 se mobilizaron pola negociación do convenio. Desta volta foi a quenda das testemuñas aportadas polos acusados, e no que desde compañeiros/as de traballo, representantes sindicais da CIG ou até mesmo un fotógrafo, presente naquela mobilización, aportaron declaracións claras, nas que se aportaba a auténtica crónica do que aconteceu aquel dia: brutais cargas pola cidade e detencións arbitrarias, que finalmente concluiron neste xuízo. Por outra banda, CCOO e UGT asinaron coa Patronal o preacordo para o convenio do Metal, ao que a CIG se opón xa que é a mesma proposta que foi presentada polos mediadores en xuño, no decimoterceiro dia de folga, e que daquela fora rexeitada polo conxunto dos traballadores/as do sector.
20/10/2009 Á tarde terá lugar unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio
20091020metalV
Desde antes das dez da mañá centos de delegados e delegadas do Metal, na súa imensa maioría da CIG, acudiron até as portas do Xulgado para amosar de novo a súa solidariedade cos trece traballadores do Metal que están a ser xulgados pola súa participación nas mobilizacións durante a folga polo convenio no ano 2006. Nesta segunda xornada do xuízo foi o momento das declaracións dos Policias, que cairon en numerosas controversias nas súas testemuñas. Ademais ás 17 da tarde terá unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio do Metal, onde se avaliará a proposta realizada polos mediadores, que a CIG rexeita, xa que non variou en case nada desde xuño.
19/10/2009 As marchas chegaron até as portas do Xulgado, onde se realizou unha asemblea, para amosar a solidariedade e a defensa destes compañeiros
20091019metalXVI
Desde as nove da mañá os traballadores e traballadoras afectadas polo convenio provincial do Metal de Pontevedra da cidade de Vigo e da súa área de influencia estaban chamados a unha convocatoria de folga parcial en solidariedade cos trece traballadores que ían ser xulgados, polas mobilizacións polo convenio no mes de maio do 2006, convocada en solitario pola CIG. Asi, desde esta horas e desde as distintas zonas industriais de Vigo comezaron as marchas, que confluiron na Praza do Concello e que se achegaron en manifestación até as portas do Xulgado, onde se realizou unha asemblea, tanto para analizar esta convocatoria como a situación da negociación do convenio provincial.
17/10/2009 Analizarase a proposta realizada polos mediadores e achegarase o calor e a solidariedade do sector aos 13 compañeiros xulgados
20091017roldametal
A CIG-Metal convocou o sábado 17 de outubro unha rolda de prensa no local da CIG de Vigo para informar sobre o proceso xudicial e a resposta con mobilizacións que terán lugar a partir do 19 de outubro, convocadas pola CIG. Ás nove da mañá o luns sairán distintas marchas desde as distintas zonas industriais de Vigo, que se encontrarán na Praza do Rei ás 10, desde onde sairán en manifestación cara aos Xulgados. Aproveitarase a concentración diante dos Xulgados para realizar unha asemblea para todos os traballadores e traballadoras do sector para informar e analizar a situación da negociación do Convenio.