marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
convenio do metal
16/10/2009 Mentres continúa a negociación do convenio do Metal, onde os mediadores volveron presentar case a mesma proposta presentada antes das vacacións do verán
20091016folgametalII
A CIG-Metal ten convocado unha folga o luns 19 de outubro no sector do Metal sen convenio propio, na comarca de Vigo e nos concellos de área metropolitana, desde as 9 horas e durante as próximas cinco horas laborais na quenda da mañá e nas catro primeiras horas da quenda da tarde. O motivo desta convocatoria é a celebración do xuízo a trece traballadores do Metal detidos na folga do ano 2006 na carga da Estación de Renfe, con petición de penas de cadea para catro traballadores superiores a tres anos e medio. Para o resto as penas achéganse aos tres. Ademais a negociación do convenio do Metal continúa sen avanzos, e só coa presentación dunha proposta por parte dos mediadores, na que hai escasas diferenzas respecto á presentada antes das vacacións do verán, que fora rexeitada no seu momento e que non se considerara suficiente polo conxunto dos traballadores do sector, polo que naquel momento se continuou coa convocatoria de folga até comezos de xullo.
13/10/2009 A central convoca folga o día 19 e concentracións de delegados/as os días 20 e 21 de outubro
25.06.09 Folga do Metal 16
Coincidindo cunha nova reunión entre patronal e sindicatos na Mesa de Negociación do Metal de Pontevedra, a CIG realizou un chamamento a todos os traballadores e traballadoras do sector para que secunden a xornada de folga convocada o vindeiro día 19, con motivo da celebración do xuízo a trece compañeiros que participaron na folga do ano 2006. Así mesmo, os días 20 e 21 de outubro a CIG-Metal desenvolverá concentracións de delegados e delegadas de todos os sectores.
8/10/2009 Este macroxuizo xulga a trece detidos na folga do convenio do Metal do 2006, despois dunha brutal carga policial
20091008asembleametal
A asemblea de delegados e delegadas do Metal da comarca de Vigo mantivo o xoves 8 de outubro unha xuntanza para analizar tanto a situación da negociación colectiva do convenio provincial do Metal da provincia de Pontevedra, como a celebración os próximos 19, 20 e 21 de outubro do macroxuízo contra 13 traballadores do sector, que foran detidos na folga do 2006 despois da brutal carga na estación de Renfe. Esta asemblea decidiu convocar folga parcial nas empresas afectadas pola negociación do convenio provincial para o luns 19 de outubro na comarca de Vigo, asi como concentración de delegados e delegadas de toda a provincia da CIG para as dúas xornadas seguintes do xuízo.
1/10/2009 Informase do estado da negociación do convenio entre outras cuestións
25.06.09 Folga do Metal 16
CIG-Metal vén de editar outra folla informativa sobre a situación da negociación colectiva que será repartida entre os traballadores e traballadoras afectadas polo convenio provincial do Metal de Pontevedra. Outros temas como a celebración do macroxuizo contra 13 traballadores do sector polo convenio do 2006 ou as sancións ou a contratación son algunhas das cuestións que se abordan neste texto, que reproducimos a continuación
28/9/2009 A CIG agarda a que se produzan cambios e mantén a súa proposta en xornada, vixencia do convenio, salarios e regulación da contratación
25.06.09 Folga do Metal 16
Comezou a última semana de setembro coa volta á negociación no convenio provincial do Metal de Pontevedra, cunha xuntanza coa Patronal, a presenza dos mediadores, da superdelegada de Vigo e das tres centrais sindicais. Esta reunión non durou máis de hora e media e só foi unha nova declaración de intencións das partes, que coincidiron en sinalar a necesidade dun acordo, na que non houbo avanzos.
24/9/2009 Outros temas como as multas ou a contratación no naval tamén foron debatidos
20090924asembleametal
O 24 de setembro desde as dez da mañá tivo lugar no local sindical da CIG de Vigo unha asemblea de delegados e delegadas do Metal despois do verán e para analizar e debater a situación do conflito pola negociación do convenio provincial, entre outros temas máis, como a represión a través das numerosas multas e sancións administrativas, ou o xuízo que se celebrará do 19 ao 21 de outubro pola carga policial no conflito do metal polo convenio do 2006.