18/9/2009
Analízanse outras cuestións como a represión ou a contratación
A CIG vén de editar unha folla informativa para difundir entre os traballadores e traballadoras do sector do Metal afectados pola negociación do convenio provincial de Pontevedra deste sector, no que se reclama que se poñan en marcha de novo as negociacións, e desde a CIG as posicións para o acordo teñen que ser as mesmas polas que se mobilizou o Sector: regulación de xornada, salario e contratación. Outras cuestións como a represión ou o contexto no que se dá esta loita, asi como a postura Patronal tamén se analizan nesta folla, que podedes ler íntegramente a continuación.
29/7/2009
Así o acordaron na reunión mantida na mañá do 29 de xullo, a instancias do xefe da Inspección de Traballo
Representantes dos traballadores e da patronal reuníronse na mañá do 29 de xullo para tentar retomar a negociación do convenio colectivo. A xuntanza, convocada a instancias do Xefe da Inspección de Traballo, José María Casas de Ron, foi valorada polo secretario da CIG-Metal “como unha toma de contacto”, aínda que recoñeceu que a situación “non está madura”.
6/7/2009
Á volta ao traballo estará marcada pola suspensión das horas extraordinarias nos estaleiros
Na mañá do luns 6 de xullo, logo de 23 xornadas de folga, os traballadores e traballadoras do metal da provincia de Pontevedra acordaba suspender a convocatoria de paro indefinido, ante o descolgue protagonizado, primeiro por UGT e logo por CCOO, deixando unicamente á CIG á fronte da convocatoria. Non obstante, a volta ao traballo estará marcada nos estaleiros pola negativa a realizar horas extraordinarias até que as empresas non se aveñan a negociar a regulación da contratación. Dende a central tamén se enviou unha chamada á recuperar forzas e á recompor a unidade sindical de cara a continuar as mobilizacións até acadar un convenio digno.
3/7/2009
Estiveron seguidas dun desmedido despregue de antidisturbios, que acompañaron aos folguistas
A mañá do venres 3 de xullo era de novo punto de encontro para os folguistas nas distintas zonas industriais, desde onde partían para coller pasadas as dez da mañá vinte autobuses para mobilizarse nesta xornada fronte á Factoría Naval de Marín, para despois camiñar até Pontevedra, onde se realizou unha nova manifestación polo centro da cidade, onde puideron escoitar e visibilizar a dignidade da loita do Metal, que non para e que continúa, diante de ameazas e o acoso patronal, e baixo unha forte presión e unha desmedida presenza de dotacións de antidisturbios de novo.
2/7/2009
Novas marchas na vixésimo segunda xornada de folga polo centro de Vigo
Se o escenario dunha folga despois de vintedúas xornadas de folga sempre é complexo, na mañá do 2 de xullo aínda o era un pouco máis, xa que amencía coa decisión, que aparecia nos medios de comunicación, de UGT de desconvocar a folga do Metal. A folga continuou e novas marchas percorreron a cidade de Vigo, que confluiron nunha asemblea na Praza do Concello, onde se decidiu continuar coas mobilizacións e levar na xornada 23 de folga esta folga até Marín e Pontevedra. A CIG apostou por recompoñer a unidade sindical e por continuar a dar a batalla por acadar un convenio digno.
1/7/2009
Á tarde haberá asembleas nas centrais sindicais para decidir a estratexia a seguir
Xa van 21 dias de folga, e nesta xornada despois da histórica e multitudinaria marcha a Compostela aínda quedaron forzas para retomar o traballo dos piquetes en moitas zonas e para volver facer marchas desde as distintas zonas industriais até encontrarse de novo nunha asemblea na Praza do Concello, en Vigo. Despois tivo lugar unha nova manifestación até á Praza da Estrela, fronte á delegación da Xunta nesta cidade. Nesta tarde toca reflexionar nas distintas asembleas sobre que novos camiños se quere andar para gañar este conflito e acadar un convenio xusto.