marco
Artigos de opinión
Razóns pra unha folga
07/09/2010Manuel Mera
Sen dúbida algunha hai motivos abondo pra que a clase traballadora vaia á folga o vindeiro 29 de setembro, xa que tanto as últimas medidas de aum...
Motivos para a folga xeral
02/09/2010Vicenç Navarro
É importante que se entenda e se coñeza que estivo ocorrendo na Unión Europea durante estes últimos anos (e non me refiro só ao que pasou desde...
A folga xeral non é unha opción, é unha necesidade
01/09/2010Paula Castro
A adopción de toda unha serie de medidas en materia económica profundamente regresivas, tanto polas súas graves repercusións sociais como polo s...
A xente guapa e postmoderna
01/09/2010Silvia Bermúdez Pérez
Non queren atopar a verdade nos feitos, e o único que desexan é impresionar coa súa verborrea presuntuosa para gañarse ao público...
O problema agochado
24/08/2010Manuel Mera
A cuestión demográfica non se pode ignorar, non se trata de recuperar os preconceitos de Malthus, porén o certo é que o ecosistema xa amosa as s...
500 millóns de euros, 120 latidos
24/08/2010Silvia Bermúdez Pérez
convenio do metal
14/5/2009 A CIG-Metal avalia moi negativamente a actitude "instransixente" na Mesa negociadora
2009-04-29 Paro naval IX
O mércores 13 de maio volvian rachar as negociacións do Convenio do Metal da provincia de Pontevedra, e é que de novo a Patronal deste sector, excusándose nas mobilizacións dos traballadores dos estaleiros contra a contratación irregular no naval desa xornada, volvía abandonar a mesa, na que sempre presentaron as mesmas propostas, cun convenio para dous anos e perda de poder adquisitivo para os traballadores. A CIG-Metal, neste contexto, considera que é "moi importante volver dar unha mostra de forza e convocar novas medidas de presión para facer que esta situación cambie e volvamos a situarnos nun marco de negociación favorábel para os intereses dos traballadores e traballadoras do Metal da provincia de Pontevedra".
12/5/2009 Asemblea conxunta das tres centrais sindicais de delegados do Metal o venres 15 de maio
09.05.06 Folgametal IX
Nova semana para a negociación do Convenio do Metal na provincia de Pontevedra, que desta volta comezou na Delegación da Xunta, e con mediación institucional, mais que o martes e o mércores volveu ao Hotel Samil, sen presenza das Administracións. Aínda que formalmente se desbloquearan as negociacións, a Patronal do Metal continúa firme nas súas posturas de convenio para dous anos e contención salarial. Desde a CIG critícase a "intransixencia" da Patronal, e anuncian novas medidas conxuntas de presión senón se producen avanzos reais na mesa de negociación.
6/5/2009 No resto da provincia tamén secundaron amplamente a folga e mobilizáronse
09.05.06 Folgametal IX
Os traballadores/as do convenio do Metal da provincia de Pontevedra deron nesta xornada do 6 de maio unha nova mostra de forza e dignidade apoiando a primeira xornada da folga de 48 horas convocada polas centrais sindicais, e amosando nas rúas a súa vontade de continuar a loitar nestes tempos de crise pola negociación do seu convenio. Os tradicionais piquetes nas distintas zonas industriais desde primeira hora da mañá transformáronse ao longo do dia en multitudinarias marchas, que, na cidade de Vigo, encheron rúas, prazas e avenidas do centro, visibilizando a potencia do Metal, unha vez máis.
30/4/2009 A CIG critica a falta de interese da Xunta na mediación deste conflito
Rolda metal abril30 I
O xoves 30 de abril os tres representantes sindicais na Mesa Negociadora do Convenio presentaban no Rexistro da Xunta de Galiza a convocatoria de dúas xornadas de folga para todo o sector do Metal na provincia de Pontevedra para o mércores 6 de maio e o xoves 7 de maio. Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, criticou o desinterese da nova administración galega polo conflito aberto coa negociación do convenio colectivo do Metal para a provincia de Pontevedra, por non asumir 'o seu papel de mediadora' no devandito conflito.
29/4/2009 Convocaranse duas xornadas de folga para a próxima semana
2009-04-29 Paro naval IX
O mércores 29 de abril daba comezo unha nova xornada de loita pola negociación do convenio do Metal da provincia de Pontevedra, que se concretaría con asembleas nos estaleiros, marchas pola cidade e que rematou cunha asemblea na Praza do Concello de Vigo. Despois de que o martes 28 de abril tivera lugar unha nova xuntanza da Mesa Negociadora do Convenio, na que non se avanzou en nada, decidiase dar paso á acción e realizar unha paro desde as once da mañá até as tres da tarde nos centros de traballo do Naval da provincia de Pontevedra. Ademais, decidiuse convocar dúas novas xornadas de folga para a próxima semana e que afectarán a todo o sector do Metal da provincia.
28/4/2009 Cando se cumpre a sétima xornada do peche da Comisión negociadora na delegación de Traballo en Vigo
09-04-22 Rolda peche metal1
Este martes 28 de Abril acadábase a sexta xornada do peche na Delegación de Traballo en Vigo da parte sindical da Comisión Negociadora do convenio provincial do metal en Pontevedra. Na tarde de hoxe producíase unha nova xuntanza da mesa de negociación coa patronal, na que os representantes dos traballadores/as agardaban avances de cara a un acordo para o convenio, aínda que tamén advertían que no caso contrario as mobilizacións ían sufrir un incremento na súa intensidade.