Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Grécia, uma crise terminal
23/05/2012Luiz Gonzaga Belluzzo
Diante dos riscos de o país abandonar o euro, os capitais escapam da Grécia. Assustados com o possível retorno do dracma e no afã de proteger o ...
A política da linguagem e a linguagem da regressão política
23/05/2012James Petras
Um dos eufemismos mais comuns lançado em meio a esta crise económica é "austeridade", um termo utilizado para encobrir as duras realidades de cor...
Banco Central Europeo: un pirómano ao servizo da banca privada
15/05/2012Juan Torres López
Cando a historia xulgue dentro duns anos o que agora está pasando en Europa atopará no comportamento do Banco Central Europeo unha causa principal...
Europa: O vento mudou
15/05/2012José Manuel Pureza
A política europeia virou? Não. Mas só o sectarismo mais cego se recusará a reconhecer que as condições do combate político em escala europei...
"Catástrofe liberal": crise arrasta Europa para a incerteza
15/05/2012Eduardo Febbro
O tabu sobre a unidade em torno do euro foi reduzido a pedaços. A União Europeia considera cada vez mais a possibilidade de que a Grécia abandone...
O que está acontecendo na Síria
14/05/2012Maurizio Musolino
Portugal: Pacto de Agressão - Um ano depois
14/05/2012José Alberto Lourenço
O ouriço financeiro europeu
11/05/2012Flávio Aguiar
convenio provincial
10/5/2011 Contempla unha subida do 3,5% no primeiro ano e o cobro de atrasos dende xaneiro de 2010
A Confederación Intersindical Galega (CIG) asinará xunto á UGT o convenio provincial de panaderías de Ourense despois do acordo acadado coa asociación de empresario do sector no que respecta á revisión salarial e ao cobro de atrasos. O documento, que terá unha vixencia de dous anos, fixa tamén un incremento superior para os pluses de horario e nocturnidade.
25/2/2010 A empresa negoulles permisos retribuídos a dúas traballadoras designadas pola central para asistir á negociación do convenio provincial
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza condenou Zara España S.A. por vulnerar o dereito á liberdade sindical da CIG-Servizos. Esta firma do grupo Inditex deberá indemnizar a central con 1.264,78 euros polo prexuízo moral ocasionado. Zara negáralles permisos retribuídos a dúas traballadoras que designara o sindicato para acudir a xuntanzas da negociación do convenio provincial do comercio téxtil ourensán.
1/2/2010 Concéntranse desde o domingo á noite ás portas do Alcampo de Coia, e na noite do domingo foron desaloxadas pola forza pola Policia
A finais do mes de xaneiro estas 12 traballadoras e traballadores da limpeza recebian un aviso verbal de que ían ser despedidas, xa que a empresa Tecliman para a que traballaban deixaba de ser a empresa adxudicataria do servizo de limpeza do Alcampo, e a nova empresa, Amil Lago Servizos Xerais, só conta con persoal con discapacidades, polo que non procedía á subrogación do persoal como está fixado no Convenio Provincial. As traballadoras e traballadores decidiron mobilizarse e comezar unha loita a todos os niveis na defensa dos seus postos de traballo
29/12/2009 Advirten que vixiarán o estrito cumprimento do calendario laboral
Dende a Federación de Construción e Madeira da Confederación Intersindical Galega queren informar aos traballadores e traballadoras aos que se lles aplica o Convenio Colectivo Provincial da Construción e que non conten con calendario laboral de empresa propio, que o mércores día 30 de decembro ten unha xornada de 5 horas e que o día 31 de decembro é Festivo de Convenio, polo que non son días laborábeis.
4/12/2009 A CIG rexeita o texto xa que as condicións estabelecidas son moi inferiores ás da plataforma sindical e mesmo ás acadadas en Pontevedra
Na madrugada do xoves ao venres, logo dunha prolongada negociación e co precedente de Pontevedra, acadábase un preacordo para o convenio do comercio da alimentación na provincia de A Coruña entre a patronal, UGT e CCOO, que a CIG non asinou por tratarse dun convenio moi inferior ao de Pontevedra e que afonda nas desigualdades que existen entre os traballadores/as das dúas provincias.
18/9/2009 A semana que vén terá lugar unha nova xuntanza da mesa e analizarase a posibilidade de levar adiante mobilizacións
Máis de 200 persoas participaron na asemblea levada a cabo na noite do 17 de setembro en Vigo para avaliar a situación da negociación do convenio colectivo da Provincia de Pontevedra no sector do Comercio da alimentación. A asemblea, convocada por CIG, USO, UGT, CCOO e FETICO, veu motivada pola inmobilidade que a patronal mantén nas súas posturas, logo de seis xuntanzas.
28/5/2009 Os mediadores suspenden temporalmente a negociación do convenio ante os avances mínimos
Os traballadores e traballadoras do metal da provincia de Pontevedra volverán á folga o mércores 3 e o xoves 4 de maio ante os mínimos avances e a falta de achegamento durante as últimas catro xuntanzas da mesa de negociación. Así mesmo, os mediadores da Xunta decidiron suspender “temporalmente” as negociación ao non percibir posibilidades de solución.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com