marco
Artigos de opinión
Crise na eurozona e o dogmatismo neoliberal da Comisión Europea
15/03/2010Michael R.Krätke
Os déficits públicos son tan vellos como o capitalismo. Tras a descuberta no século XVII do déficit público “permanente”, os mercados fin...
Como Islandia conxelou os seus acredores
15/03/2010Gustavo Veiga
O pequeno país foi un paraíso especulativo e viviu unha burbulla de riqueza que se picou coa crise mundial. Os seus bancos crebados tiñan 3.700...
Grécia: recessão avança e trabalhadores estão em pé de guerra
15/03/2010Umberto Martins
Parece que o capitalismo grego entrou em parafuso. O Produto Interno Bruto (PIB) da Grécia caiu 0,8% nos últimos três meses de 2009 em compara...
O contragolpe militar na Turquia
15/03/2010Lejeune Mirhan
Com Erdogan a partir de 2002, as coisas em Turquia podem estar mudando. Percebe-se hoje, de fato, uma maior presença da religião islâmica na vi...
Chile: O DNA de Piñera e o drama chileno
15/03/2010Marcela Escribano
No rastro de destruição deixado pelo terremoto, também ruiu uma parcela da ideologia enaltecedora do modelo neoliberal que Piñera representa. ...
Folga Xeral
12/03/2010Francisco Miranda Vigo
Bate que bate na lingua
12/03/2010Rafa Villar
O euro e o Fondo Monetario Europeo
12/03/2010Alejandro Nadal
conxelación salarial
1/3/2010 Coa protesta quérese denunciar a situación socioeconómica da comarca e as reformas propostas polo goberno
10-03-01 Peche Inem Ferrol I
Delegados e delegadas da CIG mantiveron esta mañá un peche na oficina do Servizo Público de Emprego de Ferrol e da delegación territorial da Xunta para denunciar a situación socioeconómica da comarca de Ferrolterra, a proposta de reforma laboral e das pensións anunciadas polo Goberno, así como a actitude mantida por CCOO e UGT diante desta situación, actuando como cómplices das tentativas de recortar os dereitos da clase obreira e apoiando a perda do poder adquisitivo dos salarios.
26/2/2010 A Federación lembra que nos últimos anos o persoal acumula unha perda do seu poder adquisitivo que supera o 42%
09-12-16 área pública 1
A CIG-Administración amosou o seu absoluto rexeitamento a unha posíbel conxelación do salario dos empregados públicos, barallada nos últimos días polo Goberno estatal como medida de “aforro”. Dende a Federación lémbrase que os/as traballadores/as da administración veñen sufrindo unha continuada contención salarial, agravada coa sinatura do acordo entre o Goberno de Zapatero e as organizacións sindicais estatais que limita a suba das retribucións ao 0.3%, engrosando así a importante perda de poder adquisitivo acumulada nos últimos anos, que supera xa o 42%.
9/2/2010 Considera que os sindicatos estatais préganse ás teses da patronal malia estar demostrado que a redución dos salarios non mellora a creación de emprego
carestía#1
CCOO, UGT e as patronais CEOE e CEPIME veñen de asinar un preacordo estatal de negociación colectiva cunha vixencia de tres anos que supón, na práctica, a conxelación dos salarios dos traballadores e traballadoras afectados. O preacordo prevé un incremento salarial cun tope do 1% para o 2010, de entre o 1 e o 2% para 2011 e de entre o 1,5 e o 2,5% para 2012, cunha clásula de revisión salarial ao remate do período. A CIG entende que este preacordo é “claramente negativo”, que se impuxeron as teses da patronal e que transcorridos os tres anos tampouco se aplicarán as cláusulas de revisión salarial.
14/12/2009 En demanda do cumprimento íntegro dos acordos asinados
20091112sergasIX
A federación de Saúde da CIG e SAE veñen de convocar folga na Sanidade Pública galega para o próximo mércores día 16 de decembro en demanda do cumprimento íntegro dos acordos asinados. Lembran que veñen mobilizándose pola suspensión dos acordos retributivos e a paralización dos Plans de mellora de Atención Primaria e de Saúde Mental desde hai máis de dous meses e denuncian que a administración non ten intención algunha de chegar a acordos coas organizacións sindicais.  
14/12/2009 Convocada para o próximo mércores, día 16 de decembro, en Compostela
09-12-09 Concentración Parlamento acordos1
As federacións da Área Pública da CIG veñen de convocar unha concentración de delegados e delegadas para o vindeiro mércores, día 16 de decembro, ás 11:30 horas diante do Parlamento de Galiza baixo o lema “Polo cumprimento dos acordos. Non á perda do poder adquisitivo”. CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde denuncian que o goberno acordou cos sindicatos estatais unha suba do 0,3% e que o goberno da Xunta, pola súa banda, suspendeu os acordos retributivos sectoriais comprometidos coas organizacións sindicais.
25/8/2009 Critican que "a austeridade de Feijoo só se lle aplique aos traballadores/as" e considera inadmisíbel esta medida
A CIG-Autonómica ven de emitir unha nota de prensa en contestación ás novas declaracións do Goberno galego con relación á conxelación salarial. Nesta ocasión foi a conselleira de Traballo e Benestar quen o pasado 23 de agosto aseguraba que “non ve fóra de lugar” a idea do Goberno central de subir menos do 1% o salario de todos os empregados públicos. Xa anteriormente a conselleira de Facenda pronunciárase nos medios, anunciando a “máis que probable” conxelación salarial dos empregados públicos nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2010.