8/4/2013
Os delegados/as da Coruña denuncian que unha unidade de reparto da cidade que contaba con 37 repartidores vai quedar só con 28 traballadores/as
A CIG-Correos vén de alertar do progresivo proceso de desmantelamento que está a sufrir do servizo postal a causa da constante redución de postos de traballo. Dende o sector da CIG-Administración sinalan que ante as directrices impostas pola SEPI para mellorar os resultados económicos da empresa, “a primeira solución con efectos inmediatos que se lles ocorre é unha progresiva desaparición de empregos”.
20/7/2012
A CIG rexeitou a proposta de Correos porque non garante todos os postos de traballo
Os carteiros/as do centro de Vigo
regresarán este luns ao traballo despois de que o cadro de persoal
aceptase por un escaso marxe -22 votos a favor, 17 en contra e unha
abstención- a proposta de Correos, o que puxo fin a 46 días de
folga. Dende a CIG aseguraron que se tata dun “mal acordo” porque
non establece o tempo de permanencia das catro novas unidades de
reparto que se crean na cidade, “o que pode supoñer que nuns meses
a empresa queira reorganizar de novo o servizo e decide prescindir de
máis persoal”.
12/7/2012
Hoxe celebráronse concentracións diante da empresa contra os recortes no servizo postal e polo mantemento dos postos de traballo
Os carteiros/as de Vigo acordaron hoxe en asemblea estender a folga indefinida que manteñen dende hai un mes a toda a cidade a partir do día 23 se non chegan a un acordo coa dirección de Correos na xuntanza fixada para este venres ao mediodía. Os representantes sindicais reiteraron a súa disposición ao diálogo e reclamaron o mantemento dos 13 postos de traballo que pretenden eliminar. Por outra banda, delegados/as e traballadores/as realizaron concentracións solidarias este xoves en varias cidades galegas diante dos edificios da empresa pública para denunciar os recortes previstos e o desmantelamento do carácter público do servizo e contra a represión na compañía.
3/7/2012
Dende o comité de empresa denuncian a falta de diálogo da compañía e alertan da existencia de máis dun millón de obxectos sen repartir
Os
carteiros/as do centro de Vigo compareceron hoxe para rexeitar
publicamente os 14 expedientes disciplinarios abertos pola dirección
de Correos a traballadores/as que están a secundar a folga e
anunciaron que barallan a posibilidade de estender o paro a toda a
cidade. Aproveitaron para denunciar a falta de diálogo da empresa e
alertar da acumulación de máis dun millón de obxectos sen repartir
tras preto dun mes de conflito laboral.
3/7/2012
O Contencioso-Administrativo confirma a sanción económica imposta pola Inspección de Traballo á empresa e o TS recoñece o dereito da central a ter Sección Sindical e Delegado
O Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña vén de confirmar a sanción de 6.250 € imposta pola Inspección de Traballo contra Correos por transgredir os dereitos de información, audiencia e consulta da CIG e por persistir na conduta infractora. A sentenza favorábel do Tribunal Supremo, tras recurso da central sindical, bota abaixo outra sentenza contraria do TSXG e recoñécelle á CIG-Correos da provincia da Coruña o dereito a ter Sección Sindical, a ter Delegado Sindical, así como a todos os dereitos de información que levan implícitos estes órganos.
28/6/2012
Os afectados/as abandonaron hoxe o peche nas instalacións da empresa e mañá realizarán unha protesta en Santiago
Os carteiros/as de Vigo decidiron continuar coa folga iniciada o pasado día catro -e que dende o 22 afecta a toda a xornada- para protestar pola eliminación de 13 postos de traballo na zona de reparto do centro da cidade despois de que non lograsen un acordo na xuntanza mantida coa dirección de Correos. Hoxe mesmo decidían abandonar o peche que mantiñan nas instalacións da compañía e mañá trasladaranse a Santiago para protestar diante da dirección territorial do ente estatal.
13/6/2012
Unhas 400 persoas participaron na manifestación convocada para denunciar que os recortes no servizo son o primeiro paso para privatizar Correos
Arredor de 400 persoas participaron na manifestación que percorreu onte martes as rúas de Vigo para rexeitar a eliminación por parte de Correos de 13 postos de traballo na unidade de reparto do centro. Os carteiros/as denuncian que os recortes no servizo son o primeiro paso cara a privatización da empresa e anuncian a convocatoria de tres días de folga a xornada completa para finais de mes.