17/3/2010
Denuncian que a ONG xa despediu a cinco traballadores/as eventuais
Os traballadores e as traballadoras do hospital da Cruz Vermella de Vigo trasladaron na mañá deste mércores as protestas contra o peche do centro até a sede da organización en A Coruña, onde desenvolveron unha ruidosa concentración para esixir o mantemento do servizo. Dende a CIG lémbrase que non existen causas económicas que xustifiquen a decisión desta organización e reclamouse ao Sergas que actúe de inmediato para evitar un peche que deixará na rúa a 70 traballadores/as e a 70 doentes, que requiren de atención permanente.
15/3/2010
O venres encadeáronse e mobilizáronse diante do Concello
O persoal da Cruz Vermella de Vigo segue a mobilizarse en contra do peche do hospital e a eliminación de 70 postos de traballo. Nesta ocasión as traballadoras e traballadores concentráronse encadeados na praza dos cabalos o venres 12 de marzo de 12 a 13h. Posteriormente se dirixiron ao Concello para seguir coas súas protestas.
5/3/2010
Será en Vigo, fronte ao Hospital ás 12.30
A Secretaria da Muller da CIG de Vigo decidiu convocar unha concentración na data do 8 de marzo, dia Internacional da Muller Traballadora, diante do Hospital da Cruz Vermella, na rúa Cánovas del Castillo, ás 12.30 para amosar a solidariedade co persoal deste centro sanitario, que son na súa imensa maioría mulleres traballadoras.
3/3/2010
Vivíronse momentos de tensión coa policia
O persoal da Cruz Vermella segue coas mobilizacións para rexeitar o peche do hospital, nesta ocasión o mércores 3 de marzo concentráronse diante do edificio da Xunta e posteriormente encadeáronse diante da Dirección Provincial do SERGAS.
2/3/2010
Anuncian que radicalizarán as súas protestas pola falta de vontade que hai en solucionar este conflito
Ás once da mañá tiña lugar unha nova rolda de prensa do Comité de Empresa do hospital da Cruz Vermella de Vigo, na que abordaron o estado das negociacións coa Cruz Vermella en Madrid, asi como un importante informe económico contrario ao expediente de regulación presentado, entre outros documentos que salientan que non existen razóns económicas para fechar este centro de saúde, máis alá da vontade desta "ONG" de deixar a atención sanitaria e pechar con razón ou sen ela. Tamén anunciaron a convocatoria de novas mobilizacións para esta semana.
26/2/2010
Até o momento recolléronse máis de 15.000 sinaturas contra o peche deste centro asistencial
O persoal da Cruz Vermella de Vigo entregou o venres 26 de febreiro mais de oito mil sinaturas na Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo en protesta polo peche do centro asistencial. Estas sinaturas somadas ás mais de seis mil apresentadas anteriormente suman un total de case quince mil recollidas ata o momento.