Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
Culleredo
16/9/2011 O persoal continuará coas protestas para reclamar o cobro das indemnizacións ao longo da próxima semana
Os traballadores e traballadoras do Grupo Fricosa afectados/as polo impagamento das indemnizacións por despedimento proseguen co calendario de mobilizacións para reclamar ao empresario que faga fronte ás súas obrigas legais. Un grupo de empregados/as realizaron unha nova concentración ás portas do matadoiro de Almeiras na mañá deste venres, mentres que outro grupo repartiu folletos informativos explicando a súa problemática por Santa Cristina, lugar de residencia dos empresarios.
14/9/2011 O persoal afectado polas extincións de contratos repetirá a mobilización diante do matadoiro de Almeiras (Culleredo) o xoves 15 de setembro, entre as 10 e as 11 horas
Un grupo de ex traballadores/as do matadoiro de Almeiras iniciaron na mañá deste mércores un calendario de mobilizacións para demandar do propietario de Fricosa que abone as contías pendentes correspondentes ás indemnizacións pola extinción de contratos. Os empregados/as teñen intención continuar as protestas diante das instalacións de Culleredo até que os pagamentos se fagan efectivos.
25/2/2011 A representación do persoal entende que con esta decisión a dirección busca pechar as instalacións do matadoiro, xa que coincide co inicio do ERE temporal de Fricosa
O Comité de FC-Alimentación (do grupo Conchado) denunciou a “ilegal e fraudulenta actuación” da dirección de empresa, que hoxe, venres 25 de febreiro, fixo entrega do listado de traballadores/as que integran o que a empresa entende que é o calendario de vacacións para 2011.
30/11/2010 Esta tarde remata o período de consultas do ERE e o persoal asistirá á sesión do Pleno municipal á espera de que se aprobe unha moción de apoio á continuidade dos empregos
Os traballadores e traballadoras de FC-Fricosa están desenvolvendo este martes unha nova xornada de folga no matadoiro, seguida pola práctica totalidade do cadro de persoal, en contra do expediente de regulación de emprego e o peche da sección de maquila. Ademais, dentro do calendario de mobilizacións previstas, o persoal realizou unha manifestación esta mañá polas rúas de Culleredo que mantivo colapsada a circulación do tráfico durante algo máis de hora e media.
26/11/2010 Os traballadores e traballadoras continúan o calendario de folgas e mobilizacións contra o ERE e o desmantelamento do negocio industrial
O persoal do matadoiro de F.C. Alimentación-Frigoríficos Conchado, S.A. (Fricosa) en Culleredo continuaron esta mañá co calendario de mobilizacións acordado en contra do ERE de extinción e o peche das seccións de matanza e despece. Nesta ocasión, e coincidindo coa xornada de folga convocada entre as 08:00 e as 14:30 horas, os traballadores e traballadoras levaron as súas protestas até as portas da Oficina Principal do Banco Pastor, xa que esta entidade está pondo trabas para a refinanciación da débeda da empresa e polo tanto dificultando o actividade normal no matadoiro.
24/11/2010 O Comité desenvolverá unha nova xornada de folga este venres e ten convocada unha concentración diante do Banco Pastor para ese mesmo día
O Comité de FC-Fricosa vén de denunciar a total falta de vontade negociadora da empresa, que mesmo se opuxo a manter aberto os dous períodos de consulta das dúas sociedades mercantís até que remate o tempo legalmente estabelecido. Así mesmo, a dirección rexeitou todas as alternativas trasladadas pola representación dos traballadores/as de cara a evitar despedimentos no matadoiro e adiantou que non existen garantes de que o persoal cobrará as indemnizacións correspondentes. Diante desta situación, o Comité mantén a convocatoria de novas xornadas de folga para o venres 26 de novembro e o martes 30, días nos que tamén realizará mobilizacións.
19/11/2010 Solicitaron á Corporación municipal que aprobe no próximo pleno unha moción de apoio á continuidade de todos os empregos
O persoal do matadoiro de Fricosa en Culleredo desenvolveu este venres a segunda de xornada de paros e concentracións para rexeitar o expediente de regulación de emprego presentado pola empresa, así como a súa intención de pechar a cadea de matanza e despece. Ademais, trasladaron unha solicitude aos grupos da Corporación local para que aproben, no próximo pleno municipal, unha moción de apoio á súa loita e polo mantemento de todos os postos de traballo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com