4/1/2012
Os familiares do mozo non puideron visitalo na prisión até 15 días despois do seu arresto
A pai dun dos mozos detidos na última operación da Audiencia Nacional española contra o independentismo galego relata nunha crónica que fixo chegar á CIG a crueldade coa que actúa o sistema penitenciario. Entre outras cousas, denuncia que non puideron visitalo na prisión na que se atopa recluído até 15 días despois do seu arresto.
3/1/2012
A CIG denuncia que milleiros de mozos/as están a emigrar en busca dunha saída laboral
O número de ourensáns/ás inscritos nas oficinas do INEM a 31 de decembro de 2011 foi de 28.217, o que supón un incremento de 1.737 persoas con respecto ao ano anterior. Dende a CIG denuncian o impacto que o desemprego está a ter especialmente entre a xente nova e critican a ausencia de medidas do anunciado plan Impulsa da Xunta para a provincia.
3/1/2012
Dende a CIG-Administración denuncian que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poderán contratar persoal propio
A Xunta de Galiza aprobou hoxe na Comisión de Persoal, co voto en contra da CIG e favorable de CCOO e CSIF, un decreto que trata de regular a contratación nos entes instrumentais e os procesos de integración. Para o sindicato nacionalista, este decreto supón outro engano do Goberno Feijóo, xa que lonxe de acabar ou regular os chamados 'chiringuitos', vai significar a súa consolidación ao permitir que as sociedades mercantís públicas e as fundacións poidan contratar persoal propio sen pasar por un proceso selectivo público.
29/12/2011
A central nacionalista sostén que a decisión repercutirá sobre millóns de persoas, moitas máis das 180.000 recoñecidas oficialmente
O
Ministerio de Traballo apunta una cifra aproximada de 180.000 persoas
que estarían afectadas pola aplicación do Salario Mínimo
Interprofesional. Este dato foi interesadamente manipulado e
significativamente diminuído para relativizar a incidencia do SMI e
a consecuencia de non incrementar este indicador. Os efectos son
amplamente maiores, tal e como se explica a continuación.
20/12/2011
A central nacionalista alertara hai un mes de varios casos de sarna e agora xa se contabilizan máis de 40
Dende
a CIG-Administración critican a desidia da xefatura territorial da
Consellería de Traballo e Benestar de Ourense no que respecta á
atención dos centros de maiores. A central nacionalista denunciara o
pasado día 7 de novembro que na Residencia do Maior Nosa Señora dos
Milagres había varios casos de sarna entre os residentes e os/as
empregados/as. “A día de hoxe, e por culpa da deixadez tanto da
dirección do centro coma do xefe territorial do departamento
autonómico, José Selas, os casos elévanse a máis de 40, dos que
máis de 20 son traballadores/as do centro”, censuran. Diante disto, reclaman o cese inmediato do director do centro e do responsábel autonómico.
2/12/2011
A CIG considera que se trata dunha manobra do rexedor para dilatar o proceso e incumprir a obriga de negociar coas centrais sindicais
A CIG de Verín denuncia que o alcalde da localidade interpuxo un
incidente de aclaración perante o Tribunal Superior de Xustiza de
Galiza (TSXG) solicitando que lle matizase os termos nos que debería
cumprimentar a anulación do orzamento municipal para o 2009, á que
fora condenado por falta de negociación colectiva coa central
nacionalista. Dende o sindicato entenden que se trata dun novo
intento do rexedor para seguir dilatando o proceso “e, ao cabo,
incumprir as súas obrigas de negociar coas centrais sindicais”.
29/11/2011
O xulgado declarou nulo un dos despedimentos e o outro improcedente, pero a empresa segue sen abonar a correspondente indemnización
A
secretaria comarcal da CIG-Servizos de Pontevedra compareceu hoxe en
rolda de prensa para reclamar o cumprimento da sentenza que obriga á
empresa que xestiona a cafetería da base militar da Brilat a
readmitir a dúas traballadoras afiliadas á central nacionalista.
Diana Rodríguez denuncia que o xulgado declarou nulo un dos
despedimentos e o outro improcedente, “pero Unión Vending Cádiz
segue sen abonar a correspondente indemnización no caso do despido
improcedente xa que optou por non readmitila”.