Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Dous proxectos para afrontar a crise sistémica
24/05/2013Antonio Antón
A conciencia social maioritaria das consecuencias negativas da crise e a percepción de que a xestión institucional non garante unha perspectiva me...
União Europeia: Falácias federalistas
24/05/2013Pedro Guerreiro
A alternativa à União Europeia das grandes potências e dos grandes grupos financeiros e económicos passa necessariamente pela ruptura com todos ...
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
denuncia
27/7/2012 Os principais afectados/as son cidadáns/ás estranxeiros/as que residen no Barco de Valdeorras, aínda que tamén hai galegos/as
A Unión Comarcal da CIG de Ourense adiantou hoxe que denunciará diante da Fiscalía a máis dunha ducia de establecementos hostaleiros da provincia por explotación laboral. Dende a central nacionalista explicaron que os afectados/as son maioritariamente cidadáns/ás estranxeiros/as que residen no Barco de Valdeorras, aínda que tamén hai galegos/as. Parte dos feitos xa foron postos en coñecemento da Inspección de Traballo.
15/6/2012 O co-voceiro comarcal foi denunciado por Alcampo por participar nunha protesta para denunciar a represión sindical na multinacional
Delegados e delegadas da CIG concentráronse na mañá do xoves diante dos xulgados de Ferrol en apoio e solidariedade co co-voceiro comarcal Xesús López Pintos, coincidindo co xuízo de faltas seguido por falta de danos. Este compañeiro foi denunciado pola empresa Alcampo por participar nunha acción reivindicativa, convocada por todos os sindicatos, que se realizou no hipermercado o pasado 19 de abril.
8/6/2012 Responsabilízanos de non actuar para impedir a grave situación de crise económica e por ter provocado nefastas consecuencias para a poboación
Os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo e de ELA, Adolfo Muñoz, “Txiqui”, presentaron denuncia, perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo, contra os ex presidentes do Goberno José María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero e Mariano Rajoy; os ex ministros de Economía Rodrigo Rato, Pedro Solbes e Elena Salgado; os ex gobernadores do Banco de España Jaime Caruana e Miguel Ángel Fernández Ordóñez e os administradores e xestores das caixas de aforro e entidades financeiras pola súa responsabilidade na crise, pola súa xestión e polas graves consecuencias que tiveron as medidas adoptadas para o conxunto da poboación.
18/4/2012 A CIG-Valdeorras reclama que se investigue a suposta venda fraudulenta de chatarra, cobre e maquinaria por parte da compañía
A CIG-Valdeorras vén de denunciar a empresa ourensá Tendidos Eléctricos Merino ante a Inspección de Traballo por falta de ocupación efectiva dos seus 11 traballadores/as. A central nacionalista tamén presentou un escrito na Garda Civil para que investigue a venda supostamente fraudulenta de chatarra, cobre e maquinaria por se puidese supoñer un delito de alzamento de bens.
2/3/2012 A empresa ourensá de aeronáutica di que foi a mutua médica a que tomou a decisión tras comprobar, sen seguir os protocolos que establece a lei, que non existe risco para a saúde
A federación de Químicas e Enerxía da CIG vén de denunciar ante a Inspección de Traballo que a empresa ourensá Componentes Aeronáuticos (Coasa) está a dar de alta a traballadoras que colleron unha baixa por lactancia ao desenvolver o seu labor en contacto con substancias perigosas. A compañía aeronáutica sostén que foi a mutua médica privada a que tomou a decisión tras supostamente ter comprobado que non existen riscos para a saúde das mulleres nin dos seus fillos/as, pero dende a central nacionalista lembran que o fixo sen seguir os protocolos que establece a normativa.
29/2/2012 A decisión chega dous anos despois do peche da empresa ourensá, cando xa non fan falta para os procesos xudiciais
Dous anos despois do peche da empresa ourensá Vidreira do Atlántico por imposición da súa patronal, a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), vén de ditar unha resolución estimando a solicitude de Manoel Anxo García Torres (CIG) e 100 traballadores/as máis. En 2009 solicitáranlle á compañía o acceso e entrega das imaxes e sons gravados pola dirección durante as cinco convocatorias de folga desenvolvidas dende xaneiro a marzo dese ano ao entender que estaba a vulnerar o dereito fundamental como é o de folga.
16/2/2012 Critica que se abrise a nova sala de observación sen ter aumentado antes o persoal
A federación de Saúde da CIG de Compostela denuncia diante da opinión pública o deterioro na calidade e tempos de asistencia que se está a producir en urxencias tras a última reestruturación do servizo. Dende a central nacionalista critican a apertura da nova sala de observación sen que se tivese producido antes un incremento de persoal.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com