12/7/2011
A central nacionalista reclama a publicación da orde ministerial que reserva o 7% de biocarburantes para o consumo interno
O secretario nacional da CIG-Químicas, Alberto Gonçalves,
compareceu hoxe xunto ao deputado do BNG Henrique Viéitez para
esixirlle ao Goberno español que publique de inmediato a orde
ministerial sobre produción de biodiesel que recolle “a subida e
reserva” do 7% de biocarburantes para o consumo interno. O
representante sindical anunciou que a central adoptará “medidas de
presión” no caso de que non se dean pasos para desbloquear a actual
“parálise do sector”.
5/7/2011
Alerta que se está a producir un empeoramento substancial na calidade asistencial prestada
A sección sindical de CIG-Saúde na
área do Barco de Valdeorras denuncia a
política que está a levar o Sergas nesta área sanitaria, xa que ao seu xuízo está
a producir "un empeoramento substancial na calidade asistencial
prestada". En concreto, critican o peche de seis habitacións co obxectivo de reducir a contratación de persoal.
1/7/2011
A central remitiulle unha carta á conselleira de Sanidade para solicitarlle información
Responsábeis da federación de Saúde da CIG, coa súa secretaria nacional, María Xosé Abuín, á cabeza, comparaceron hoxe en rolda de prensa para denunciar que a Consellería de Sanidade pretende acometer novos recortes no proxecto do cuarto hospital de Vigo. "Segundo a
información que recibimos dende o propio centro, unha persoa do departamento autonómico está a manter entrevistas
con diferentes xefes de servizo para comunicarlles a redución da
superficie construída que o seu servizo terá no novo hospital", sosteñen. En
concreto falan dunha redución importante do número de camas,
da redución do 40% da superficie de urxencias, da desaparición do
hotel de pacientes ou da desaparición da unidade de docencia e
investigación, entre outras cuestións.
29/6/2011
A Consellería de Sanidade establece, en contra do criterio habitual, que a ex concelleira viguesa María Méndez só dispón dun período de reciclaxe dun mes
Tras ocupar cargos de
representación pública, xa sexa no mundo sindical ou político, aos
profesionais sanitarios recoñecíaselles un período equivalente a
un mes de reciclaxe por ano de exercicio do cargo electo, afastado do
exercicio profesional activo, cun máximo de cinco meses. No último
mes, e trala solicitude de reingreso da ex-concelleira María Méndez
Piñeiro, médica especialista en Medicina
Interna afiliada á CIG, ao servizo de Medicina Interna do CHUVI, ao
que pertence, esta situación mudou.
28/6/2011
A central presentará unha demanda para a tutela xudicial do dereito á liberdade sindical despois de que fosen desaloxados pola policía
A
secretaria xeral de Presidencia, Beatriz Cuíña Barja, ordenou á
policía impedir a entrada ao salón grande de San Caetano, que fora
previamente reservado pola CIG, e expulsar aos representantes
sindicais do edificio administrativo. A central anunciou que presentará unha demanda para a tutela xudicial do dereito á liberdade sindical
28/6/2011
As empregadas, que levan entre seis e dez meses sen cobrar, tamén foron suspendidas de emprego e soldo até que se resolva a demanda de rescisión de contrato
A residencia de
maiores Santo Anxo do Grove comezou hoxe a notificar por carta o
despedimento de nove das dez traballadoras de atención directa,
curiosamente as mesmas que solicitaran xudicialmente a rescisión de
contrato xa que levan entre seis e dez meses sen cobrar. A dirección
do centro decidiu tamén suspendelas de emprego e soldo alegando que
están a impedir o seu normal funcionamento.
23/6/2011
A central nacionalista detectou numerosas irregularidades durante as negociacións para modificar a Relación de Postos de Traballo
A CIG-Administración denuncia que a suposta política
de austeridade do Goberno de Feijóo contrasta coas diversas irregularidades que detectadas durante a negociación
colectiva da modificación na Relación de Postos de Traballo (RTP) da
Consellaría de Sanidade e Sergas.