6/2/2012
A central denuncia que se están a contabilizar como ocupadas/os a través do programa a persoas que atoparon traballo polo súa propia iniciativa
A CIG quere desmentir rotundamente as cifras achegadas pola Consellaría de Traballo e Benestar e a Consellaría de Industria a respecto da eficacia e a inserción laboral acadadas a través do programa EmpregaTex. Segundo os datos dados pola Xunta, un total de 200 traballadoras e traballadores afectadas/os por EREs no sector do téxtil atoparon emprego grazas ao programa EmpregaTex.
3/2/2012
A marcha, convocada polo Comité, contou tamén coa presenza de traballadores/as das fábricas de San Cibrao e Avilés
Miles de persoas manifestáronse na tarde deste venres en contra do expediente de regulación de emprego presentado por Alcoa Inespal e contra a deslocalización da produción da planta da Coruña. A marcha, convocada polo Comité de empresa, contou coa participación de traballadores e traballadoras das fábricas que a multinacional ten en San Cibrao e Avilés, así como tamén estivo o Secretario Xeral da CIG, o Secretario Nacional da CIG-Metal e membros da executiva federal.
2/2/2012
O Comité ten convocada unha manifestación o venres 3 de febreiro, que partirá da coruñesa Praza da Palloza ás 20:00 horas
Os traballadores e traballadoras da factoría que Alcoa ten na Coruña continuaron este xoves co calendario de mobilizacións en contra do expediente de regulación que a multinacional quere pór en marcha logo de acordar unha recorte da produción na factoría do 50%. O ERE de suspensión temporal, de aprobarse, afectaría á metade dos 420 traballadores/as da planta e tería unha vixencia de 12 meses.
10/1/2012
Os representantes da central sindical na factoría da Coruña demandan á multinacional un reparto equitativo do recorte de produción entre todas as plantas
Os representantes da CIG en Alcoa A Coruña manifestan o seu absoluto rexeitamento ás pretensión da multinacional do aluminio de aplicar un expediente de regulación de emprego temporal na factoría coruñesa e de Avilés, xa que entenden que un ERE carece de xustificación e o único que pretende a compañía con esta medida é avanzar no proceso de desmantelamento e deslocalización da produción cara a outros países.
27/5/2011
Realizaron concentracións de protesta ás portas da empresa na Gran Vía unha hora pola mañá e outra pola tarde
As traballadoras e traballadores de
Unísono en Vigo secundaron masivamente os paros convocados en
protesta polos plans de deslocalización que está a executar a
empresa de telemarketing e que provocaron o despedimento de 300
compañeiras/os no último ano. Coincidindo coa protesta, entre as
11.00 e as 12.00 horas pola mañá e de 17.00 a 18.00 pola tarde,
realizaron unha concentración diante do centro de traballo da Gran
Vía para esixir a readmisión das despedidas/os.
15/2/2011
A CIG entende que esta é unha nova estratexia da empresa para avanzar no proceso de desmantelamento da plataforma da Coruña
Traballadores e traballadoras de Sykes Enterprises na plataforma da Coruña desenvolveron este martes un para de media hora en contra da política de sancións que vén de pór en práctica a multinacional do telemarqueting. Coincidindo cos paros, o persoal realizou unha concentración diante das novas instalacións da empresa no polígono da Grela.
22/10/2010
A folga afectou a todas as campañas que atenden estas subcontratas e durante a mesma as teleoperadoras/es concentráronse diante dos centros de traballo
Galiza foi a nación do Estado onde os paros convocados a nivel estatal
pola situación da negociación do Convenio do sector de telemárketing tiveron un
maior seguimento, despois de que a CIG decidira sumarse á convocatoria, que non
foi apoiada nin por CCOO, nin por UGT.