Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
despedimento
24/1/2012 A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol considera que se trata dunha actitude represiva e ameazadora para o conxunto dos traballadores
A empresa Frangosa Servizos, auxiliar de Forestal do Atlántico, que desenvolve a súa actividade no complexo de Punta Promontorio, en Mugardos, acaba de despedir a un traballador con problemas de saúde que o limitan para algunha das funcións que ten que desempeñar. A federación de Químicas e Enerxía de Ferrol denuncia que o traballador vén padecendo estes problemas desde hai anos, pero que estaba desempeñando a súa función nun posto no que podía traballar sen limitacións.
22/12/2011 A central nacionalista considera “inxusta e inmoral” a decisión da cadea de supermercados
Ducias de delegados/as da CIG volveron concentrarse fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten en Ourense en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
14/12/2011 A auxiliar do automóbil despediuno alegando baixo rendemento sen telo advertido ou sancionado previamente
Un grupo de traballadores/as da empresa Maier Ferroplast SL concentrouse onte e hoxe diante da sede da compañía no políngono porriñés da Granxa para reclamar a readmisión dun compañeiro despedido. Dende a CIG explican que o afectado, técnico de mantemento na firma auxiliar da automoción que fabrica plásticos de interior para automóbil e que emprega a unhas 220 persoas, foi despedido despois de máis de 13 anos na empresa acusado de baixo rendemento. Ao parecer, a dirección tería comparado o tempo que tarda en desenvolver o seu labor co do resto dos seus compañeiros/as.
9/12/2011 Dende a CIG denuncian a actitude do xefe da sección de lácteos do centro comercial, ao que acusan de abuso de autoridade
O comité de empresa de Alcampo Vigo 2, centro comercial situado na Avenida de Madrid, desenvolveu hoxe unha nova mobilización para denunciar o despedimento dunha traballadora e criticar a actitude do xefe da sección de lácteos. As protestas continuarán todos os luns e venres do mes de decembro entre as 12.00 e as 13.00 horas.
18/11/2011 A afectada está acusada de roubar unhas papas para a súa filla por valor de tres euros nun supermercado de Ourense
A Unión Comarcal da CIG de Ourense anunciou que continuará coas mobilizacións convocadas para denunciar o despedimento "inxusto e inmoral" dunha traballadora con máis de 10 anos de antigüidade tras ser acusada de roubar unhas papas de cereais para a súa filla por valor de tres euros. Dende a central nacionalista critican a falta de vontade negociadora da trasnacional alemá, que non compareceu no acto de conciliación previo ao xuízo.
15/11/2011 A afectada, con máis de 10 anos de antigüidade na empresa, está a acusada de roubar unhas papas para a súa filla
Ducias de delegados/as da CIG concentráronse esta mañá fronte aos centros de traballo que a multinacional da alimentación Lidl ten na cidade en protesta polo despedimento dunha traballadora acusada de roubar unhas papas para a súa filla. Dende a central nacionalista rexeitan a decisión da empresa por “inxusta, indecente e inmoral e anuncian que as protesta continuarán até que se chegue a un acordo que dignifique a profesionalidade dunha empregada con máis de 10 anos de antigüidade.
7/11/2011 A CIG-Servizos anuncia protestas diarias até que a empresa acceda a reincorporar á afectada, que era delegada no comité
Un grupo de empregadas/os da limpeza dos colexios públicos de Vigo realizaron hoxe unha concentración diante da empresa concesionaria, Linorsa, para esixir a readmisión da compañeira despedida tras ser acusada de manter unha discusión cunha compañeira de traballo durante a folga. Dende a CIG-Servizos anunciaron que manterán a protesta até que a empresa acceda a readmitila e non descartan outro tipo de mobilizacións paralelas.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com