Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
despedimento
30/8/2010 Están en folga indefinida desde o pasado 16 de agosto para reclamar os cartos que se lles adebedan e en protesta polo despedimento do delegado de persoal
O próximo mércores día 1 de setembro, os traballadores e traballadoras da empresa Transportes M. Cabo, con sede na Estrada, concentraranse diante da nave que ten a empresa en Lestedo, para demandar os cartos que se lles adebedan e en protesta polo despedimento do delegado de persoal.
5/7/2010 Durante a celebración do xuízo contra o despedimento da traballadora, o pasado venres 2 de xullo
Coincidindo coa vista do xuízo polo despedimento dunha delegada da CIG na residencia da terceira idade de Geriatros en Laraxe (Cabanas), delegados e delegadas da central desenvolveron unha concentración silenciosa diante dos xulgados para reclamar xustiza para esta traballadora, despedida por defender os dereitos dos seus compañeiros e compañeiras. Durante a vista, as testemuñas achegadas pola empresa incorreron en numerosas contradicións pondo en evidencia as acusacións formuladas dende Geriatros.
3/5/2010 Foi despedido un mes despois de rematar a folga de instalacións deportivas
A CIG convocaba, o pasado xoves 29 de abril, unha concentración diante das portas da empresa XADE, que xestiona o Multiusos de Sar e o complexo deportivo de Santa Isabel, en demanda da readmisión do socorrista despedido un mes despois de rematar o conflito laboral que provocou a convocatoria dunha folga de 47 días de duración, nas instalacións deportivas de Galiza.
23/4/2010 A CIG-Servizos de Ferrol non descarta convocar novas protestas diante do inmobilismo da empresa
O xoves 22 de abril desenvolvíase a terceira e última xornada de folga na residencia da terceira idade Geriatros de Laraxe para esixir a readmisión dunha delegada da CIG, despedida por defender os dereitos dos seus compañeiros e compañeiras. A pesar dos abusivos servizos mínimos, delegados/as da central e persoal desenvolveron unha concentración diante do xeriátrico entre as 14:15 e ás 15:30 horas para visibilizar a vixencia do conflito e amosar o seu rexeitamento ás prácticas laborais da empresa.
15/4/2010 A empresa non acepta a restituír á delegada da CIG polo que o vindeiro 22 de abril haberá outro paro
Traballadoras e traballadores da residencia de Geriatros en Laraxe están secundando este mércores a segunda xornada de folga convocada neste centro para esixir a readmisión dunha delegada da CIG no Comité de empresa despedida como medida exemplarizante para o resto do persoal. Delegados da central e traballadores desenvolveron unha concentración diante do xeriátrico entre as 14:30 e as 15:30 horas.
8/4/2010 A CIG-Servizos denuncia os abusivos servizos mínimos decretados pola empresa
As traballadores e traballadores da residencia Geriatros de Laraxe están secundando este xoves a primeira das tres xornadas de folga convocada na empresa para reclamar a readmisión dunha compañeira despedida, delegada da CIG no Comité. Persoal e delegados/as da central desenvolveron tamén unha concentración diante do SMAC de Ferrol coincidindo coa acto de conciliación polo despedimento.
24/3/2010 Os días 8, 15 e 22 de abril a CIG-Servizos ten convocada folga neste centro
Traballadores/as e delegados/as da CIG participaron esta tarde nunha nova concentración diante da Residencia Geriatros de Laraxe para esixir á empresa que readmita a unha delegada do Comité de Empresa, despedida como “castigo exemplar” para á representación do persoal. A CIG-Servizos de Ferrol tamén convocou folga neste centro para os días 8, 15 e 22 de abril como medida de repulsa ante esta acción da empresa e como apoio á compañeira afectada.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com