Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
despedimentos
3/2/2012 CIG-Saúde continúa coas mobilización en demanda da readmisión dos traballadores da asociación de drogodependencias
Con motivo da celebración o próximo mércores 8 de febreiro do segundo xuízo, a CIG-Saúde organizou un novo calendario de mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores/as despedidos en Asfedro. Así, este venres realizouse unha concentración ás portas da entidade, que se repetirá o vindeiro luns. Do mesmo xeito, dende a Federación destacan que o Xulgado do Social xa declarou a improcedencia dun dos despedimentos executados pola directiva, que definitivamente non se xustifican por motivos económicos.
3/2/2012 O PPdeG comprometeuse a pórse en contacto co Concello da Coruña, no prazo dunha semana, para buscar unha solución, e BNG e PSOE indicaron que tratarán a situación no Parlamento
Unha representación dos traballadores e traballadoras da Torre de Hércules trasladouse esta mañá a Compostela para levar ás súas reivindicacións ante os grupos parlamentares. O persoal pediu dos/as responsábeis políticos que entremedien neste conflito de cara a conseguir unha xuntanza co Concello da Coruña, xa que até o momento o Goberno municipal continúa sen atender as súas peticións.
31/1/2012 Na nota da Dirección, emitida aos medios de comunicación, inclúense medidas de recorte salarial escalonado que non se propuxeron na mesa de negociación
Novagalicia Banco comunicaba este luns ás organizacións sindicais que a entidade ten que aforrar 50 millóns de euros anuais en gastos de explotación, que sobran 250 persoas nos servizos centrais de Galiza e entre 350 e 400 na rede 2. Excedentes que xustifican polo peche de 110 oficinas. O total de persoal excedente é de 650 persoas, en 2012, sen descartar novos recortes para o ano que vén.
19/1/2012 A CIG denuncia que as empregadas foron despedidas para seren substituídas por outras en peores condicións laborais
As cerca de 20 ex traballadoras do servizo de acompañamento escolar de Monbús afiliadas á CIG realizaron hoxe unha concentración diante do SMAC coincidindo cos actos de conciliación das demandas presentadas polas 30 empregadas despedidas en decembro pola empresa, que continuarán polo Xulgado do Social despois de que non se chegase a un acordo. Dende a central nacionalista denuncian que a compañía pontevedresa rescindiulles os contratos para substituílas por outras persoas en peores condicións laborais.
11/1/2012 A CIG-Saúde esixe á dirección da asociación un cambio radical na súa actuación e a readmisión destes/as profesionais
Coincidindo co xuízo contra os traballadores despedidos na Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), a CIG Saúde realizou unha concentración ás portas do xulgado para amosar a solidariedade co persoal afectado/a e esixirlle á Dirección da entidade a readmisión destes profesionais, que nalgún caso contaban con máis de 20 anos de servizo.
11/1/2012 Demandan do Concello que garanta a subrogación do persoal e achegue información veraz sobre o tempo que o edificio permanecerá cerrado
Un sindicalista da CIG e outro da UGT permanecen pechados dende ás 10 da mañá deste mércores no alto da Torre de Hércules en rexeitamento á decisión do Concello de pechar o faro temporalmente e despedir aos/ás 13 empregados que até agora se viñan ocupando das tarefas de limpeza, mantemento e atención ao público, sen garantirlle que serán subrogados unha vez se adxudique a nova contrata.
9/1/2012 A protesta, que se desenvolverá ás 17:00 horas, coincide co primeiro día de peche do faro ao público
Os traballadores e traballadoras da Torre de Hércules teñen convocada unha concentración para o vindeiro domingo 15 de xaneiro, ás 17:00 horas, en contra do peche do faro e o despedimento dos 13 empregados/as que se encargan das tarefas de mantemento, limpeza e atención aos visitantes.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com