Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
destrución de emprego
7/4/2011 A marcha sairá ás 20:30 horas de diante dos locais do sindicato e está aberta ás organizacións sociais e políticas
A Unión Comarcal da CIG de Ferrol ten convocada unha manifestación o vindeiro xoves 14 de abril, ás 20:30 horas, en defensa do emprego e da comarca. Así o anunciaron esta mañá en rolda de prensa os voceiros comarcais, Manel Grandal e Xesús A. López Pintos, quen alertaron da situación de emerxencia na que atopa Ferrolterra e acusaron aos responsábeis políticos de tomar decisións que non só non favorecen á comarca, senón que a prexudican, dificultando a súa recuperación nun futuro próximo.
1/3/2011 A Unión Comarcal considera que con esta decisión o Departamento Territorial de Traballo pretende ocultar a alarmante perda de empregos
A Unión Comarcal da CIG de Ourense vén de denunciar publicamente que o Departamento Territorial da Consellaría de Traballo decidiu non volver facilitar datos dos expedientes de regulación de emprego rexistrados nesa provincia. Unha decisión insólita que, ademais, explican dende a CIG de Ourense, conta co apoio dos representantes da Confederación de Empresarios.
20/7/2010 A central da Coruña advirte que máis de 500 postos de traballo veranse afectados na comarca pola aplicación da normativa
A CIG comezará este xoves as mobilizacións en contra da aplicación do Decreto do Carbón cunha concentración de delegados/as das centrais térmicas e da industria auxiliar na Delegación do Goberno. Así o anunciaron en rolda de prensa o Secretario Comarcal do sindicato na Coruña, Paulo Carril, os Secretarios Comarcais das Federacións de Químicas e Metal, Xabier Filgueira e Eduardo Caamaño, quen xunto ao Presidente do Comité de Sabón, José Vázquez Rocha, e Jesús Louro, de Masa Galicia, denunciaron este novo “veto político” á produción enerxética galega e as consecuencias que terá no emprego e na economía da área coruñesa, pondo en perigo máis de 500 postos de traballo.
30/6/2010 A CIG-Servizos denuncia as pretensión da Xunta de reducir gastos “suprimindo empregos xa precarizados”
A Xunta de Galiza vén de destruír seis postos de traballo ao prescindir do servizo de seguridade, conserxería e mantemento do Centro de Innovación e Servizos do Deseño e a Tecnoloxía de Galiza, situado en Ferrol e dependente dunha Fundación da administración galega. Dende a CIG-Servizos denuncian que a Xunta pretende reducir gastos suprimindo empregos e “comezando polo anel máis feble da cadea, as traballadores e traballadoras das subcontratas”.
23/6/2010 O Comité rexeita a externalización dos empregos en empresas auxiliares e advirte dos perigos de contar cun cadro de operarios/as tan axustado
A asemblea de traballadores/as de Alcoa-San Cibrao acordou o martes unha serie de medidas de presión para evitar que a dirección continúe adiante coa política de amortización de postos de traballo. Así, a proposta do Comité, a asemblea aceptou suprimir a realización de horas extraordinarias en todos os departamentos, limitar o traballo aos procedementos estabelecidos ou utilizar en masa o servizo de autobús gratuíto.
3/6/2010 Se non se achegan solucións na xuntanza da Mesa de Competitividade
O Pleno do Comité de Alcoa acordou convocar unha asemblea xeral de traballadores para abordar un posíbel calendario de mobilizacións en contra dos continuados despedimentos que se veñen rexistrando na empresa dende o ano pasado.Dende o Comité, que tamén solicitou a aceleración da reunión pendente da Mesa de Competitividade, lembran que en 2005 a empresa xa levara a cabo un ERE a través do que axustou o cadro de persoal ao máximo, e que novos recortes significarían por en perigo a seguridade dos traballadores/as.
12/5/2010 Delegados/as da CIG e membros da comunidade educativa participan nun peche reivindicativo no CEIP de Présaras
Delegados e delegadas da CIG, pais e nais, e traballadores/as do colexio de Présaras (Vilasantar) desenvolveron esta tarde un peche simbólico no centro para denunciar o recorte de persoal dos comedores escolares que a Consellaría de Educación pretende levar adiante. A protesta contou tamén coa presenza da alcaldesa do Concello, Manuela García Freire, e dun concelleiro municipal, que amosaron o seu rexeitamento á política de supresión dos servizos públicos da Xunta.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com