Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Acordo para o emprego e a negociación colectiva: Recorte salarial e laboral, sen contrapartidas
10/02/2012Antonio Antón
O Acordo para o emprego e a negociación colectiva (AENC), asinado recentemente pola patronal CEOE-Cepyme e as direccións de CCOO e UGT, para o per...
A «via diplomática» da UE
10/02/2012Inês Zuber
Hoje, no Irão, é o pretenso perigo de desenvolvimento de armas nucleares – nunca confirmado pela Agência Internacional de Energia Atómica – ...
O fracaso dos recortes
09/02/2012Vicenç Navarro
Por fin comeza a percibirse que algo non funciona cos recortes. Mesmo os neoliberais comezan a dicir que tales recortes teñen que ir acompañados d...
Como os bancos romperam o contrato social ao promoverem os seus interesses particulares
09/02/2012Michael Hudson
A banca alterou-se de tal forma desde os tempos em que financiava o crescimento industrial e o desenvolvimento económico que agora beneficia sobret...
Estado español: A contrarreforma laboral que prepara o goberno do Partido Popular
08/02/2012Vidal Aragonés
Aínda que a totalidade das medidas [da reforma laboral prevista] son un desenvolvemento do xa iniciado na última etapa do Goberno de Zapatero, sup...
Nova traizón á clase traballadora
07/02/2012Xabier Pérez Igrexas
discriminación
26/11/2010 Convocará unha concentración o 2 de decembro coincidindo co seu regreso ao posto de traballo como condutora de autobuses
A CIG entregou esta mañá no Rexistro da Consellaría de Traballo e Benestar, un escrito solicitando unha entrevista coa conselleira, Beatriz Mato, e dirixiuse ao Consello Galego de Relacións Laborais e ao Servizo Galego de Igualdade para tratar da situación na que se atopa a condutora de Hedegasa (Autobuses de Calo), Nélida Pisco. Dadas as circunstancias que rodean este claro caso de acoso, de discriminación por razón de xénero e de flagrante incumprimento da lexislación en materia de Igualdade a central sindical entende que soborda o ámbito estritamente comarcal. Por iso foron a secretaria confederal de Muller, Margarida Corral e o propio secretario xeral, Suso Seixo, quen presentaron a solicitude no rexistro, en demanda da intervención da administración.
30/6/2010 Ás 11:15 horas, no Xulgado do Social número 1 de Compostela, en Fontiñas
Este xoves celébrase, a partir das 11:15 horas, no Xulgado do Social nº 1 de Fontiñas, en Compostela, o xuízo contra Hedegasa (Autobuses de Calo) polo despedimento da condutora Nélida Pisco, que se produciu logo de que esta solicitara a redución de xornada (dereito recollido na Lei de Igualdade) para atender á súa filla. A CIG considera que se trata dun caso de acoso discriminatorio e que se vulnerou o dereito á igualdade.
25/3/2010 A CIG acorda intensificar as mobilizacións e cualifica de “impresentábel” a actitude da Xunta de Galiza
No acto de conciliación celebrado este xoves, día 25 de marzo, en Compostela, entre Hedegasa (Autobuses de Calo) e a traballadora Nélida Pisco –que fora despedida tras solicitar a redución de xornada por coidado da súa filla- rematou sen acordo porque a empresa pretendía resolver o conflito poñendo cartos enriba da mesa, cando a traballadora o único que quere é recuperar o seu posto de traballo.
18/3/2010 Hedegasa (Autobuses de Calo) despediuna tras solicitar a redución de xornada para coidar da súa filla, dereito recoñecido pola Lei de Igualdade
Delegados e delegadas da CIG de Compostela concentráronse esta mañá na parada de Autobuses de Calo para exixir a readmisión da condutora Nélida Pisco. Durante a concentración repartíronse panfletos nos que se informaba a traballadores/as e usuarios/as sobre as causas que provocaron o despedimento desta traballadora, que non son outros que solicitar unha redución de xornada, dereito recoñecido por Lei, para poder coidar da súa filla. Antes da concentración tamén se fixo un reparto polas paradas de autobuses do Milladoiro.
11/3/2010 Cualifican esta decisión de arbitraria e deliberada, e a central sindical nacionalista reclama unha rectificación
Ante o reparto das axudas aprobadas polo Ministerio de Industria para o Sector do Automóbil  neste ano 2010 e unha vez coñecido o reparto que se destina na partida a provedores, a CIG entende que se produce unha decisión política clamorosamente  discriminatoria coa Industria da Automoción Galega. 
4/3/2010 “...e libre o meu pensamento. ferramentas para a docencia”
A CIG-Ensino presentou en rolda de prensa “...e libre o meu pensamento. ferramentas para a docencia”. Unha publicación que pretende servir como apoio para traballar nas aulas sobre a discriminación da muller e favorecer unha educación en igualdade. As autoras, Carme Fouces, Celia Mª Armas García, María Pilar García Negro, Marta Dacosta e Xulia Rodríguez Bravo son todas profesoras de distintos niveis de ensino agás Laura Estévez, quen, como presidenta do Comité de Empresa do Consorcio, aporta unha visión sobre a necesidade dos servizos sociais para favorecer a conciliación.
26/2/2010 Sufriu durante os últimos meses acoso e discriminación laboral
Nélida Pisco, condutora de Autobuses de Calo (Hedegasa), foi finalmente despedida pola empresa, logo de ter sufrido un rosario de discriminacións e ameazas por exixir o cumprimento da lei de Igualdade. Pisco solicitou, logo da baixa por maternidade, unha redución de xornada por coidado de fillos, as horas de lactación e o desfrute das vacacións que tiña pendentes, todos dereitos que lle foron denegados. A cambio conseguiu, antes de ser despedida, que a empresa a deixara sen traballo efectivo, que se lle prohibira o uso dos lugares comúns dos condutores e verse obrigada a pasar a xornada laboral no seu coche particular no exterior da nave. Todo isto, ás portas do 8 de marzo.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com