marco
Artigos de opinión
O guerreiro Obama e o peixe fora d’água
18/03/2010Frei Betto
Obama é uma decepção! Recebeu imerecidamente o Nobel da Paz -um presidente que guerreia o Iraque, o Afeganistão e o Paquistão- e, em discurso...
A Alemanha e a Europa do futuro
18/03/2010Alexandrino Fernandes
O modelo de desenvolvimento que tem feito da Alemanha nestes últimos anos o maior exportador mundial assenta no progressivo empobrecimento da pop...
Crise do capitalismo e protagonismo da periferia
18/03/2010Márcio Pochmann
O sistema capitalista revela em suas crises periódicas momentos determinados de profunda reestruturação. São oportunidades históricas em que ...
Cuba, Israel e a dupla moral
17/03/2010Breno Altman
Ao contrário do que ocorreu em relação a Cuba, não há uma só matéria ou discurso relevante, nos veículos de imprensa mais destacados do pa...
O exemplo grego
17/03/2010Guillermo Almeyra
Grecia endebedouse terribelmente cos gobernos conservadores aos que a gran empresa financeira Goldman Sachs, unha das principais responsábeis da ...
Quen dixo que a crise rematou?
16/03/2010Juan Torres López e Alberto Garzón Espiñenta
Grecia, euro: o xugo dos tratados
16/03/2010Bernard Cassen
discriminación lingüística
3/7/2009 Os empregados denunciaran que padecían "acoso laboral" por defender o uso do galego no seu traballo
09-05-06 RP Capitania Maritima Burela
Os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que o pasado mes de maio denunciaran publicamente a situación de “acoso laboral” e “discriminación” que padecían por, entroutros, reclamaren “o seu dereito ao uso do galego no exercicio das súas funcións”, fixeron público na mañá do 3 de xuño un informe emitido pola Avogacía do Estado que “respalda xuridicamente” as súas demandas e demostra que estas “entran no marco da legalidade vixente”.
7/5/2009 Os seus superiores mesmo lles prohibiron empregar o seu idioma nunha vila na que máis do 90% da poboación é galegofalante
09-05-06 RP Capitania Maritima Burela
"Acosados, discriminados e excluídos”. Así é como se senten Brais Fernández Prieto, Carmen Ferreiro Seoane e Manuela Arias Estévez, os tres traballadores da Capitanía Marítima de Burela que na tarde do 6de maio compareceron ante os medios para denunciaren a situación de acoso laboral á que se ven sometidos por parte dos seus superiores desde que hai cinco meses e medio lles solicitaron que se cumprise a lexislación en materia lingüística. Estas tres persoas, tal e como explicaron aos medios de comunicación, están collendo baixas “que os nosos médicos non dubidan en informar como transtornos de ansiedade provocados pola situación de acoso laboral”.
18/11/2008 A asociación en defensa da lingua insta á Inspección de Traballo a actuar
Mesa Kiriko
A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de denunciar un novo caso de discriminación lingüística no eido do traballo: a granxa escola ‘El Kiriko’, situada en Fornelos de Montes, prohíbe aos seus empregados usar o galego. Esta grave ilegalidade fica demostrada nun documento escrito de normas para o persoal educativo da granxa, na cal se especifica, literalmente, que “el idioma empleado en el trabajo será el castellano salvo excepciones que serán previamente comunicadas”. Tal escrito está dentro dunha liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa.
28/2/2008 A Mesa denunciara a un xefe de sección por dicirlle “Burra, no hables lenguas menores”
Letreiro de Carrefour en A Coruña
O director do hipermercado de Carrefour de A Coruña, no que se produciu recentemente o grave caso de discriminación lingüística a unha traballadora, pediu desculpas, segundo informa a Mesa pola Normalización Lingüística, explicando que se reprendeu ao xefe de sección que protagonizou o suceso, “indicándolle o respecto que debe ter polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas”.
16/1/2008 A asociación en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”
Carlos Callón e Fran Rei entregando alegacións a ADIF
A Mesa pola Normalización Lingüística realizou na mañá do martes 15 de xaneiro un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.