15/6/2012
A central sindical foi a forza máis votada e acadou seis dos/as nove delegados/as do Comité da Sede Central
A CIG vén de acadar uns “históricos” resultados nas eleccións sindicais celebras o xoves 14 de xuño no xornal La Voz de Galicia. A CIG foi a central sindical máis votada tanto no Comité de Empresa da sede central como no proceso correspondente ao Comité provincial da Coruña, obtendo seis e dous representantes respectivamente, mentres que no antigo colexio de especialistas acadou un delegado.
23/4/2012
A central nacionalista obtivo o 77% dos votos nas eleccións celebradas nesta auxiliar de Alcoa
A CIG conseguiu a maioría dos votos en Cyrgasa, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais celebradas o pasado 20 de abril. Estaban convocados para este proceso, no que se escollían cinco delegados para o Comité, os 98 traballadores/as que conforman o cadro de persoal. Destes/as exerceron o seu dereito de voto 83 persoas, o que representa unha participación de case un 85%.
4/4/2012
A central nacionalista acadou 3 dos 5 representantes
A CIG acadou maioría absoluta en Os Irmandiños, cooperativa de servizos e produtos agropecuarios de Ribadeo, ao obter tres delegados mentres que UGT acadou un e unha candidatura independente outro. A participación nas votacións foi do 72%.
26/3/2012
A central sindical xa leva recollidas 8.000 sinaturas para presentar a ILP en demanda da continuidade do programa
A CIG-ENSINO vén de obter os/as tres delegados/as que se elixiron nas
eleccións sindicais celebradas en Preescolar na Casa, obtendo os seus
candidatos/as 68 votos. A candidatura de CCOO obtivo 11 votos e a de STEG 6. A CIG-Ensino agradece a
todas as traballadoras e traballadores o seu apoio, que vén avalar o modelo
sindical da central sindical e referendar o traballo e o compromiso do sindicato coa defensa dos postos de
traballo e do propio programa.
28/2/2012
A central nacionalista é tamén a primeira forza sindical da provincia de Pontevedra con 2.096 delegados e delegadas (o 31,47%)
A
Confederación Intersindical Galega volve ser por quinta vez consecutiva a primeira
forza en número de representantes na comarca viguesa e no conxunto
da provincia de Pontevedra. A central nacionalista obtivo nas
eleccións sindicais celebradas recentemente na comarca un total de
1.481 delegados/as (o 32,58%), mentres que no conxunto da provincia
sumou 2.096 representantes (31,47%).
14/2/2012
A central logrou catro dos seis delegados/as que se escollían entre laboral e funcionarios/as
A CIG-Administración acadou a maioría absoluta na representación do persoal do Concello de Silleda ao obter tres dos cinco delegados/as que se elexían no persoal laboral e revalidar a representación do persoal funcionario, entre o que se escollía un delegado/a.
19/1/2012
A central nacionalista obtivo catro representantes, mentres que a UGT sumou só un delegado/a
A
Confederación Intersindical Galega volveu
acadar
moi
bos
resultados
nas
eleccións
sindicais
celebradas
na compañía pontevedresa Vertifil
Industrial,
dedicada ao sector
téxtil e con sede
en
Moraña. A CIG obtivo
catro representantes no comité de empresa, mentres que a UGT só
sumou un delegado/a.