Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Chipre: A troika provoca o primeiro ‘corralito’ europeo
23/05/2013Jérome Duval
Chipre únese ao club dos países baixo a administración da troika. A poboación chipriota súmase ao “apertar o cinto” para salvar os bancos p...
Desafiuzamentos e recortes: a violencia “democrática” do poder financeiro
23/05/2013Jorge Fonseca
Os desafiuzamentos forman parte inseparábel do espolio social a favor do capital financeiro. A burbulla inmobiliaria foi creada pola especulación ...
Crise económica: Por que non aumentar os salarios?
23/05/2013Michel Husson
Aumentar os salarios sería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por ta...
As tres velocidades da crise e a súa bifurcación
22/05/2013Óscar Ugarteche e Ariel Noyola Rodríguez
Para a segunda metade de 2012 o ritmo da economía mundial mostraba dúas velocidades: dunha banda, Estados Unidos e Europa con crecemento económic...
Así se venderon as preferentes de Caixa Galicia
22/05/2013Clodomiro Montero M.
No ano 2007 o Director Comercial de Caixa Galicia a nivel galego deu instrucións moi claras e precisas aos Directores das Oficinas para que se util...
Bangladesh: Mango e El Corte Inglés
20/05/2013Juan Hernandez Zubizarreta
Que futuro espera a eurozona?
20/05/2013Jacques Sapir
eleccións sindicais
25/11/2011 A central nacionalista acada con este resultado a maioría no grupo de automoción
A federación de Químicas e Enerxía da CIG logrou a vitoria nas eleccións sindicais celebradas recentemente na empresa Dalphi Metal Seguridad ao lograr tres dos cinco delegados/as do comité. Con este resultado a central nacionalista acada a maioría no grupo de automoción con sede en Vigo.
22/11/2011 As votacións realizaranse os días 28 de novembro e 2 de decembro
A CIG vén de presentar a candidatura para as eleccións que os vindeiros días 28 de novembro e 2 de decembro se van celebrar en Alcoa-San Cibrao. Os candidatos e candidatas da central nacionalista, que presenta lista nos dous colexios e foi a forza máis votada nos tres últimos procesos electorais, comprometéronse a manter a loita na defensa dos postos de traballo, na esixencia de melloras en materia de seguridade e saúde e na demanda de inversións que garantan o futuro das instalacións.
16/11/2011 A central nacionalista reforza a maioría absoluta no Comité de Empresa desta auxiliar de Alcoa
A CIG conseguiu a maioría dos votos en CYRGASA, empresa auxiliar da fábrica de Alcoa de San Cibrao, nas eleccións sindicais parciais celebradas o pasado 15 de novembro. Estaban convocados para este proceso, no que se escollían catro novos delegados/as para o Comité, os 117 traballadores/as que conforman o cadro de persoal, dos/as que exerceron o seu dereito de voto 82, sumando unha participación de case o 70%.
11/11/2011 A central conseguiu un representante no colexio de especialistas e repite resultados entre o persoal funcionario
A CIG-Administración vén de valorar de xeito moi positivo os resultados acadados nas eleccións celebradas no Concello de Vilanova de Arousa, xa que por primeira vez a central nacionalista conseguiu representación no persoal laboral en especialistas e non cualificados.
28/10/2011 Consegue tres delegados nun proceso marcado “pola preocupación ante novas contratacións no sector naval”
A CIG gañou as eleccións en Montajes Nervión, unha das compañías auxiliares de Navantia con maior traxectoria, xa que vén desenvolvendo os seus traballos no estaleiro de Fene dende hai seis anos.
26/10/2011 Obtivo un total de 37 delegados/as, seguida por USO, que acadou 11; CCOO, con 8; UGT outros 8 e SIE que sumou 5
O pasado luns 24 de outubro celebrábanse as eleccións sindicais nos centros de traballo de A Coruña-A Grela, A Coruña- Av. Arteixo e provincial Coruña, rematando así o proceso electoral nos centros de traballo do antigo grupo Unión Fenosa, iniciado o pasado 2010. Cos resultados das catro provincias, a CIG consolida a súa maioría nos centros de traballo que Gas Natural Fenosa mantén en Galiza, con 16 representantes na Coruña, 3 en Lugo, 7 en Ourense e 11 en Pontevedra.
20/10/2011 A central, que até agora non tiña representación, consegue e maioría da representación no Comité de empresa
A CIG acadou a maioría do Comité de Empresa do Concello de Cariño nas eleccións sindicais celebradas na mañá do mércores 19 de outubro, ao obter catro dos cinco delegados/as. Dende a CIG-Administración Pública de Ferrol amosáronse moi satisfeitos por estes resultados, xa que até este momento a central sindical non tiña representación no Concello de Cariño, ao estar en mans da UGT.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com