Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
 
Artigos de opinión
Um apontamento a respeito da nova Lei Galega da Função Pública, denominada: Lei do Emprego Público en Galiza
15/05/2013Alexandre Banhos Campo
A lei, é em desenvolvimento do EBEP, Lei 7/07. A quem se aplica: 1- À administração autonómica da Galiza e aos organismos autónomos...
Estado español: Unha visión distinta da orixe do paro
14/05/2013Joaquín Juan Albalate e Jesús Matamala Bacardit
Por riba de todo, se existen persoas en paro, é porque non se crea o suficiente número de postos de traballo para cubrir unha determinada demanda ...
Dereitos contra economía?
13/05/2013Albert Recio Andreu
A decisión do Tribunal Supremo portugués de declarar inconstitucional o recorte de salarios aos funcionarios volveu pór na palestra o debate entr...
Ventos de guerra...
13/05/2013Ângelo Alves
Os ataques contra a Síria são mais um elemento de uma campanha permanente de provocação de Israel contra os seus vizinhos. São. Mas são mais q...
Javier Diez Canseco in memoriam
13/05/2013Xurxo Martiz Crespo
Javier Diez Canseco (Lima, 1948-2013) morreu en Lima de cancro o pasado 4 de maio. Perú é  unha sociedade fraccionada por unha loita de clase...
Europa: O caminho mais perigoso
07/05/2013Flávio Aguiar
Pescanova: un caso illado?
07/05/2013Albert Recio Andreu
eleccións sindicais
14/10/2011 Un membro da mesa dimitiu para completar a lista do sindicato español ao colexio de técnicos
A CIG vén de denunciar que a empresa Aquagest, encargada do subministro e a depuración de auga en varias cidades e vilas galegas, modificou o censo das eleccións sindicais no último momento co obxectivo de que a UGT teña a maioría no comité intercentros. Dende a central nacionalista afirman que un membro da mesa electoral chegou a dimitir para completar a lista do sindicato español e facer posíbel deste xeito que puidese presentar candidatura no colexio de técnicos do centro de traballo de Pontevedra .
13/10/2011 A federación de Químicas desbancou deste xeito a CCOO como forza maioritaria
A federación de Químicas e Enerxía da CIG conseguiu os tres delegados/as de persoal que se escollían nas eleccións sindicais celebradas recentemente na compañía porriñesa Aztega La Artística. Con este resultado, a central nacionalista desbanca a CCOO como forza maioritaria.
13/10/2011 A federación da Construción obtivo 133 votos fronte aos 119 que sumaron CCOO e UGT
A federación da Construción e Madeira da CIG obtivo a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas recentemente compañía pontevedresa Maderas Iglesias ao sumar 133 votos, 14 máis que os logrados por CCOO e UGT. Deste xeito, a central nacionalista contará con sete representantes no comité de empresa, os mesmos que os sindicatos españois.
7/10/2011 A participación foi do 90,08% votando 108 dos 119 traballadores
Cento oito traballadores, dun total de cento dezanove, o 90,08% do total do cadro de persoal, participaron no proceso de eleccións sindicais de Altia-Compostela, empresa de consultoría e prestación de servizos TIC. Malia o complicado do proceso, que durou catro meses desde a constitución da mesa até a data de votación, o despedimento de dous candidatos da CIG, xunto con outros traballadores vinculados á candidatura, e un traballador que foi desprazado, a CIG obtivo 4 delegados/as; CCOO 3 e a UGT 2.
29/9/2011 A central nacionalista obtivo tres delegados/as no primeiro e cinco no segundo
A Confederación Intersindical Galega fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas este luns nos hoteis Hesperia Illa da Toxa e Gran Hotel da Toxa ao obter tres e cinco representantes no comité de empresa.
29/9/2011 A central acada seis dos nove delegados/as que integrarán o Comité de empresa
A CIG-Saúde vén de consolidar a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas o mércores 28 de setembro no Hospital San Rafael. A central nacionalista obtivo seis delegados/as fronte aos/ás tres representantes acadados por CCOO. Con este resultado a CIG-Saúde mantense como primeira forza sindical neste centro.
13/9/2011 A central nacionalista é a única que conta con representación no colexio de especialistas e non cualificados
A federación da Construción da CIG conseguiu tres dos cinco delegados/as do comité de empresa de Pilotes Posada, compañía dedicada ás cimentacións especiais con sede en Vigo. A central nacionalista foi o único sindicato que obtivo representación no colexio de especialistas e non cualificados.
Engadir ao calendario
cig.prensa@galizacig.com