15/7/2011
A central nacionalista obtivo a maioría absoluta no colexio de especialistas
A
CIG revalidou a maioría absoluta entre o persoal dos almacéns nas
eleccións celebradas recentemente na instalación central de
distribución do Grupo Gadisa en Piadela (Betanzos). A pesar de que
por primeira vez se presentaban a estas eleccións catro
alternativas, a candidatura da central nacionalista conseguiu atraer máis votos co
resto das outras tres xuntas.
12/7/2011
A central nacionalista obtivo seis dos nove delegados/as do comité
A Confederación Intersindical Galega
(CIG) obtivo a vitoria nas eleccións sindicais celebradas
recentemente na empresa Samyl, dedicada á limpeza dos edificios
públicos e colexios de Narón, San Sadurniño e na central térmica
das Pontes.
8/7/2011
A central obtivo tres dos cinco representantes que se escollían no comité de empresa
A Confederación Intersindical Galega (CIG) venceu nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Forbos Adhesives Spain ao sumar un delegado/a máis que CCOO. Deste xeito, a central nacionalista acadou tres dos cinco representantes que se escollían no comité da empresa con sede en Mos.
2/7/2011
Obtén o 40% dos votos a pesar das presións e das artimañas utilizadas pola empresa para reducir a presenza da central nacionalista
Máis de 2.000 traballadores/as estaban chamados ás urnas na rede de distribución comercial do Grupo GADIS en 90 centros espallados por toda a provincia coruñesa, nunhas eleccións nas que a CIG conseguiu un resultado espectacular ao obter máis do 40% do apoio do persoal, o que supón uns 600 votos e 9 delegados/as. Dende a Federación de Servizos valoran especialmente este resultado, xa que o proceso desenvolveuse baixo as habituais presións e os intentos da dirección por prexudicar o sindicato nacionalista a través da influencia dos encargados no voto, da contratación a última hora para inflar o censo, de se celebraren as eleccións en período de vacacións ou da difusión de mensaxes apocalípticas no caso de que gañase CIG.
1/7/2011
A central nacionalista consegue o 25% da representación do persoal
A CIG conseguiu 30 delegados/as (15 en laborais e outros/as 15 entre o persoal funcionario) dos/as 116 que se elixían nas eleccións de Correos celebradas o pasado 28 de xuño. Con este resultado, a central nacionalista obtén o 25% da representación, a pesar da redución considerábel do número de votantes e delegados/as.
29/6/2011
O Comité, de nova creación, está composto por 13 representantes, dos que 7 correspóndenlle á CIG
A Confederación Intersindical Galega manifesta
a súa satisfacción polos resultados obtidos nas eleccións sindicais na empresa
SERUNIÓN na provincia da Coruña. A empresa dedícase fundamentalmente á xestión
dos comedores escolares e comedores en distintas empresas e entidades da
provincia. O Comité, de nova creación, conta con 13 representantes, dos cales a
CIG obtivo e a UGT os restantes.
27/6/2011
Obtivo 67 votos e 6 representantes dos 9 que compoñen o comité
Cunha ampla participación dos
traballadores e traballadoras (votaron 104 dos 106 que forman parte do cadro de
persoal), a candidatura da CIG foi a máis votada, con 67 votos, fronte aos 28
obtidos por UGT. Con estes resultados increméntase o número de votos e de
representantes da central sindical obtidos nas eleccións celebradas hai catro
anos, onde con 97 votantes, a CIG acadou 5 delegados/as (52 votos) e UGT 4
delegados/as (41 votos).