14/6/2011
A central nacionalista logrou tres delegados/as no comité de empresa da louseira ourensá
A Confederación Intersindical Galega terá tres delegados no comité de empresa da louseira Canteras
Fernández (Cafersa) despois do apoio recibido nas eleccións
sindicais celebradas recentemente. A central nacionalista consegue
representación por primeira vez na compañía ourensá a pesar das
presións exercidas pola dirección aos seus candidatos e sobre os
propios traballadores e traballadoras para que votaran a candidatura
da UGT, o que se traduciu na consecución de seis delegados/as.
7/6/2011
A central nacionalista logra sete dos nove delegados/as do comité en detrimento da UGT
A federación de Químicas e Enerxía da CIG logrou rematar con 20 anos de hexemonía da UGT na compañía porriñesa CZ Veterinaria ao acadar sete dos nove delegados/as do comité de empresa nas eleccións sindicais celebradas recentemente. A central nacionalista obtivo un total de 77 votos fronte aos 26 que sumou a candidatura presentada polo sindicato español, que até o de agora ostentaba os nove representantes.
7/6/2011
A empresa tivo uns beneficios, en 2010, de 1.680.000 € e foi a primeira e a única empresa do MAB que repartiu dividendos de Galiza
Altia, empresa
de consultoría e prestación de servizos TIC, vén de despedir a 5 traballadores
que, casualmente, forman parte da candidatura que presentou a CIG ás eleccións
sindicais (dous que xa estaban comunicados á empresa e tres que se comunicaron
posteriormente). Estes despedimentos prodúcense aos seis meses da empresa saír
a bolsa e de ser a única do mercado alternativo bursátil (MAB) que repartiu
dividendos.
2/6/2011
A empresa louseira de Valdeorras terá que repetir as eleccións sindicais despois de que a candidatura da central fose avalada por Traballo
A
dirección de Canteras Fernández (Cafersa) volveu impedir que
representantes da CIG entraran nas instalacións da empresa para
celebrar unha asemblea informativa cos traballadores/as na súa hora
de descanso. A Consellería de Traballo validou recentemente a
candidatura da CIG ás eleccións sindicais na compañía despois do
laudo presentado pola Unión Local de Valdeorras contra a decisión
da mesa electoral de deixar fóra a súa lista. A decisión retrotrae
o proceso á proclamación das candidaturas.
1/6/2011
A central nacionalista acada 3 dos 5 delegados/as que se elixían
O pasado 25 de maio celebráronse as eleccións no centro de traballo de Axa Seguros en Vigo, desta volta eran tres as candidaturas que competían neste proceso, unha máis que hai catro anos. Porén, a CIG revalidou a súa maioría conseguindo 3 dos 5 delegados/as en xogo.
31/5/2011
A central conseguiu cinco dos nove delegados/as que integrarán o Comité de empresa
A CIG vén de converterse no sindicato maioritario no Comité de empresa do persoal laboral do Concello de Betanzos, logo de obter cinco dos nove delegados/as que se elixían nas eleccións celebradas o luns 30 de maio.
30/5/2011
O laudo arbitral deixa sen efecto os resultados das eleccións sindicais na empresa ourensá
A Consellería de Traballo vén de
validar a candidatura da CIG ás eleccións sindicais na empresa
Canteras Fernández (Cafersa), despois do laudo presentado pola Unión
Local de Valdeorras contra a decisión da mesa electoral de deixar
fóra a súa lista. A decisión, contra a que cabe recurso diante do
Xulgado do Social, retrotrae o proceso á proclamación das listas.