26/5/2011
A empresa, que busca limitar a presenza da central nacionalista, despediu a dous traballadores que se ían presentar na candidatura da CIG e enganou cunha falsa promesa de contrato a irmá dunha delegada
A CIG-Servizos compareceu esta mañá en rolda de prensa para denunciar a campaña de represión que o Grupo Gadis está a realizar contra os candidatos/as da CIG, ás portas das eleccións sindicais no conglomerado empresarial. Dende a Federación explican que, ao igual que ten acontecido en procesos anteriores, Gadis iniciou esta persecución co despedimentos de dous candidatos da central nacionalista e aplicando diversos métodos de coacción entre o persoal, que mesmo afectan aos seus familiares.
25/5/2011
A central sindical acada catro dos nove delegados/as de persoal
A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas o pasado martes 24 de maio en Emalcsa (empresa municipal de augas da Coruña) ao acadar catro dos nove delegados/as que conformarán a representación do persoal.
25/5/2011
Acusan á empresa de amañar a consulta coa colaboración da UGT para deixar fóra á central nacionalista
A
Unión Local da CIG de Valdeorras denuncia que as eleccións na
empresa louseira Cafersa estanse a celebrar sen ningunha garantía
democrática. Representantes da central nacionalista comprobaron que
as papeletas da candidatura da CIG non se atopan no lugar das
votacións e acusan á empresa de amañar os comicios coa
colaboración da UGT.
23/5/2011
A central nacionalista foi a forza máis votada no hospital privado vigués ao sumar un total de 271 apoios
A Confederación Intersindical Galega (CIG) revalidou a súa primeira posición nas eleccións sindicais celebradas recentemente no hospital privado vigués Povisa. A central nacionalista logrou un total de 271 votos, que se traducen en seis representantes no comité de empresa. Dende a sección sindical agradecen aos traballadores e traballadoras a confianza depositada.
20/5/2011
A central nacionalista obtivo sete dos 17 delegados/as do comité de empresa
A Confederación Intersindical Galega
(CIG) foi a forza máis votada nas eleccións sindicais para a
elección do comité de empresa da Consellería de Traballo e
Benestar de Ourense, obtendo sete dos 17 delegados/as que se
escollían.
13/5/2011
A central revalida a súa maioría ao conseguir o apoio do 78% dos traballadores/as
A CIG vén de revalidar a súa maioría entre o persoal laboral do Concello de Limia ao obter, por cuarta vez consecutiva, o 78% dos votos nas eleccións sindicais, polo que a central acadou sete dos/as nove delegados/as en xogo.
13/5/2011
Obtivo 18 delegados e delegadas converténdose na forza máis votada con diferenza
A Confederación Intersindical Galega vén de
incrementar a súa representación na Universidade de Vigo, pasando de 13 a 18 delegados e delegadas,
converténdose na forza máis votada, con moita diferenza no total da
Universidade de Vigo. A CIG-Ensino logra así 6 de delegados/as na Xunta de
Persoal do PDI funcionarios/as; 8 delegados/as, dun total de 17, no Comité do
PDI laboral de Pontevedra e 4 delegados/as, dun total de 9, no Comité do PDI
laboral de Ourense.